Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO do proceso selectivo para a contratación de persoal funcionario e laboral. Oferta de emprego do ano 2002.

No BOP da Coruña nº 156, do 9 de xullo de 2002, publícase a convocatoria e o texto íntegro das bases xerais e específicas que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubri-los seguintes postos de traballo incluídos na oferta de emprego público de 2002:

1. Persoal funcionario:

1.1. nº de postos: 2.

Denominación: administrativo.

Sistema de selección: promoción interna por concurso oposición.

1.2. nº de postos: 1.

Denominación: administrativo.

Sistema de selección: quenda libre por concurso oposición.

1.3. nº de postos: 1.

Denominación: auxiliar administrativo.

Sistema de selección: quenda libre por concurso oposición.

1.4. nº de postos: 1.

Denominación: director de escola infantil.

Sistema de selección: quenda libre por concurso oposición.

1.5. nº de postos: 1.

Denominación: mestre de escola infantil.

Sistema de selección: quenda libre por concurso oposición.

1.6. nº de postos: 1.

Denominación: educador infantil de escola.

Sistema de selección: quenda libre por concurso oposición.

1.7. nº de postos: 1.

Denominación: normalizador lingüístico.

Sistema de selección: quenda libre por concurso oposición.

2. persoal laboral fixo:

2.1. nº de postos: 1.

Denominación: peón de servicios.

Sistema de selección: quenda libre por concurso oposición.

O prazo de presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte hábil ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Melide, 20 de xuño de 2003.

Miguel Pampín Rúa

Alcalde