Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO IRIXO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 8 de novembro de 2002, o proxecto técnico da obra do edificio de usos múltiples, fase II, confeccionado por Estudio J. Valentín Rodríguez Covela, S.L., e as bases que rexerán a contratación na comisión do 14 de maio, quedan expostos ó público nas oficinas municipais polo prazo de vinte días naturais, co fin de que poidan presentarse as reclamacións e observacións que se consideren oportunas.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase concurso, por procedemento aberto, para adxudica-las obras, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: a realización da obra do edificio de usos múltiples, fase II.

2. Durante do contrato: cinco meses.

3. Tipo de licitación: 120.000,00 euros.

4. Pagamento: o prezo da adxudicación farase efectivo con cargo á partida 511.60101 do orzamento municipal.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, en secretaría, das 9 ás 14 horas.

6. Garantía provisional: por importe de 2.400,00 euros (2% do tipo de licitación).

7. Exposicións do prego de cláusulas administrativas: durante os vinte primeiros días naturais seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía defintiva: o 4% do orzamento.

9. Presentación de proposicións: durante os veinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP de Ourense.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13.00 horas do cuarto día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación das propostas.

11. Modelo de proposta: o recollido no prego de cláusulas.

Irixo, 8 de xullo de 2003.

O alcalde

Rubricado