Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO IRIXO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de maio do 2003, o proxecto técnico da obra saneamento en Condomiña (Arriba e Abaixo) e Portodaveiga, confeccionado por Riper Ingenieros, S.L., e as bases que rexerán a contración na comisión do 3 de xullo, quedan expostos ó público nas oficinas municipais polo prazo de vinte días naturais, co fin de que poidan presentarse as reclamacions e observacions que se consideren oportunas.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase concurso, por procedemento aberto, para adxudica-las obras, conforme o seguinte contenido:

1. Obxecto do contrato: a realización da obra saneamento en Condomiña (Arriba e Abaixo) e Portodaveiga, obra nº 2003/8/286 do Programa operativo local.

2. Duración do contrato: cinco meses.

3. Tipo de licitación: 96.298,00 euros.

4. Pago: o prezo da adxudicación farase efectivo con cargo á partida 511.60100 do orzamento municipal.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifiesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, en Secretaría, de 9 a 14 horas.

6. Garantía provisional: por importe de 1.925,96 euros (2% do tipo de licitación).

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante os vinte primeiros días naturais seguintes a publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

9. Presentación de proposicions: durante os veintiseis días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP de Ourense.

10. Apertura de proposicions: terá lugar ás 13 horas do cuarto día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación das propostas.

11. Modelo de proposta: o recollido no prego de cláusulas.

O Irixo, 8 de xullo de 2003.

O alcalde

Rubricado