Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de adxudicación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cambre.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Contratación.

c) Número do expediente: 0/6-3 Con. Asist. Serv.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto e dirección da obra do edificio destinado á casa da cultura de Cambre.

c) Data de publicación dos anuncios de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 39, do 25 de febreiro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Procedemento: negociado.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 115.466,89 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 23-5-2003.

b) Contratista: José Ignacio Leite Martínez.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 115.466,89 euros.

O que se fai constar para os efectos de lles servir de notificación a tódolos interesados no expediente, de conformidade co disposto no artigo 59, puntos 4º e 5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, facéndolles saber que contra o acordo de adxudicación poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ou impugnalo directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses, de conformidade co establecido nos artigos 107 e 116 da Lei 30/1992, e o artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poidan exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que coiden procedente.

Cambre, 18 de xuño de 2003.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde