Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

OMISIÓN.

No edicto publicado no Diario Oficial de Galicia nº 131, do día 8 de xullo de 2003, relativo á aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Brión, produciuse a seguinte omisión:

«Aprobado o PXOM, remitíuselle a documentación á que fai referencia o artigo 92 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 27 de xuño de 2003».

Este texto considerarase parte integrante do dito edicto.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Brión, 14 de xullo de 2003.

José Luís García García

Alcalde