A sociedade cooperativa agraria San José de Terra Cha, S. Coop. Ltda., con domicilio en Matodoso, s/n, Castro de Rei (Lugo), e NIF nº F/27006386, por medio da presente e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de coope
rativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral da cooperativa, na reunión de data 30-6-2003, acordou fusionarse polos sistema de absorción, coa sociedade cooperativa agraria Cooperativa del Campo Tierrallana, S.Coop.Galega, resultando esta última a sociedade absorbente. A cooperativa resultante denominarse Cooperativa del Campo Tierrallana, S.Coop.Galega.
Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.
Matodos, 4 de xullo de 2003.
David Corral Canle
Presidente