Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a iniciación do expediente sancionador en materia de réxime de v.p.o. E.S.OU-06/2003, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la iniciación do expediente sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da sección de Inspeccións e Sancións da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos e informacións coiden convenientes en defensa dos seus intereses e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 6 de xullo de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº E.S. OU-06/2003.

Responsable: J. Manuel Duque de Jesús.

Dirección: praza 500, nº 2, bl. I, 2ºA. 32005 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial, de promoción pública, a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (art. 5º c) da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 601,02 A.