Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 2003/381 e dous máis.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Delegación Provincial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

-Expediente nº: 2003/381.

Acta inf. nº 356/2003.

Empresa: Orefre, S.L.

NIF/DNI: B-15526908.

Enderezo: r/ Rosalía de Castro, 2, Cambre.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.503,00 A.

Resumo da acta de infracción: visitada a obra de construcción sita en r/ Isaac Peral, Pgno. A Grela, (A Coruña), comprobouse que un traballador estaba a utilizar un martelo pneumático sen usar calzado de seguridade nin protectores auditivos.

Vulnéranse os artigos 5.2º do Real decreto lexislativo 5/2000; artigo 3 d) en relación co anexo I.6 e anexo III, 2 a) do Real decreto 773/1997.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.16º f) e 39.2º, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

-Expediente nº: 2003/397.

Acta inf. nº 267/2003.

Empresa: Confecciones Asturgal, S.L.

NIF/DNI: B-15826472.

Enderezo: rúa Oviedo, 8-1º, Meicende, Arteixo.

Materia: traballo.

Proposta de sanción: 301,00 A.

Resumo da acta de infracción:

Visitado o centro de traballo da referencia, dedicado a taller de confección, comprobouse que os contratos realizados ás traballadoras son por contrato de obra ou servicio determinado, pero sen xustifica-la existencia da dita obra ou servicio.

Vulnéranse os artigos 5.1º do Real decreto lexislativo 5/2000; artigo 15.1º a) do Real decreto lexislativo 1/1995 e artigo 2 do Real decreto 2720/1998.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 7.2º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

-Expediente nº: 2003/398.

Acta inf. nº: 268/2003.

Empresa: Confecciones Asturgal, S.L.

NIF/DNI: B-15826472.

Enderezo: rúa Oviedo, 8-1º, Meicende, Arteixo.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 3.006,00 A.

Resumo da acta de infracción:

Visitado o centro de traballo de referencia constatouse a existencia de dúas infraccións en materia de prevención de riscos:

1. A empresa non tiña efectuada a preceptiva avaliación de riscos.

Vulnéranse os artigo 14 e 16 da Lei 31/1995; artigos 3, 4 e 5 do Real decreto 39/1997.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigo 12.15º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2. A empresa non tiña, no momento da visita, a preceptiva organización dos recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade preventiva.

Vulnéranse os artigos 5.2º do Real decreto lexislativo 5/2000; artigos 14, 30 e 31 da Lei 31/1995 e artigos 10 e 16 do Real decreto 39/1997.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos arts. 12.15º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que figuran nos expedientes:-Actas de infracción.-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 23 de xuño de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña