Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de xuño de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación dos montes Mangarela e outros da parroquia de Meder do concello de Salvaterra de Miño.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, dictou a seguinte resolución:

Asistentes:

-Presidente: José Antonio López Rodríguez (delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

-Vocais:

Luis Mª Muíños Vidueira (letrado da Asesoría Xurídica da Xunta).

Mª Luisa Pardavila Pazos (avogado polo Colexio da provincia).

Manuel Francisco Gutiérrez (xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

-Vocais representantes da parroquia de Meder do concello de Salvaterra do Miño:

Alejandro M. Rodríguez Rodríguez.

Manuel Fontán Martínez.

-Secretaria: Pilar Pita Ponte (xefa de Sección do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día vintecatro de abril de 2003 coa asistencia das persoas á marxe citadas, reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir sobre a clasificación dos montes Mangarela e outros da parroquia de Meder do concello de Salvaterra do Miño.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data de entrada 28-6-1996, Alejandro Rodríguez Rodríguez na súa condición de presidente da xunta provisional da CMVMC da parroquia de Meder, presenta solicitude de iniciación de expediente de clasificación do monte denominado Mangarela e outros como veciñal en man común para os veciños da parroquia de Meder, do concello de Salvaterra do Miño.

Segundo.-Con data 5 de xuño de 1998 o xurado provincial remitiu o expediente ó Servicio de Montes e Industrias Forestais da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente para informe previo, que foi emitido o 22 de outubro de 1998.

Terceira.-Na sesión do día 24 de febreiro de 1999, o xurado provincial acordou inicia-los trámites para a clasificación dos anteditos montes, nomear instructor a Luis Mª Muíños Vidueira, así como a remisión do expediente ó Servicio de Montes e Industrias Forestais, que emitiu o informe preceptivo en data 19-1-2000.

Cuarto.-No período de audiencia presentaron as seguintes alegacións:

-Por parte do Concello de Salvaterra, e en referencia ó monte Lamas, maniféstase que se custearon as instalacións deportivas considerando que o citado monte é de propiedade municipal; pero sen que se achegue ningunha xustificación sobre tal extremo, pois nin se proba documentalmente os gastos sufragados para as instalacións deportivas nin se aporta certificación rexistral acreditativa da súa propiedade, nin tampouco figura no inventario de bens municipais.

-Por parte da Asociación Recreativa, Deportiva e Cultural Los amigos de Meder, en referencia ó mesmo monte Lamas, solicitan a súa exclusión como monte veciñal en man común e solicitan pola súa vez que os 10.000 m restantes do monte fora dos 7.000 m que ocupan as instalacións deportivas sexan complementarios delas.

-Por parte de Alberto González Grandal e Jesusa Míguez Fernández, e en referencia o monte Barreira de Nogueiró, alégase que parte deste é da súa propiedade

Quinto.-Visto o informe previo e o informe preceptivo do Servicio de Montes e Industrias Forestais, os montes obxecto do presente expediente de clasificación obedecen á seguinte descrición:

Concello: Salvaterra de Miño.

Parroquia: Meder.

Nome do monte: Mangarela.

Cabida: 5.000 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: estrada a Salgosa.

Sur: propiedades particulares de Constante Vázquez González, Hros. de Concepción Míguez Rodríguez, Antonio Pereira Suárez, Carmen Álvarez Míguez, Marcelino Días López e outros.

Leste: Bodegas Nosa Terra (Condasat).

Oeste: propiedades particulares de José Vidal Pérez, Constante Vázquez González e outros.

Descrición: trátase dun piñeiral duns 30 anos de P. Pinaster, cun camiño que atravesa a parcela.

Nome do monte: Pozo Novo.

Cabida: 2.000 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de casiano Fontán Rocha, Miguel Álvarez Álvarez e outros.

Sur: propiedades particulares de curas do Rosal e outros.

Leste: concello das Neves.

Oeste: propiedades particulares de José Díaz Groba e outros.

Descrición: presenta arboredo adulto de P. Pinaster con rexeneración nalgunhas zonas; aparecen tamen pés illados de eucaliptus.

Nome do monte: Portelo da Fonte.

Cabida: 9.000 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño.

Sur: propiedades particulares de Manuel Veiga Amil, Miguel Álvarez e outros.

Leste: camiño Carambola e propiedades particulares de Hros. de José Vicente e José González Míguez.

Oeste: propiedades particulares de Constantino Vázquez González, Antonio Pereira Suárez, José Díaz Groba, Fernando Domínguez Díaz, Manuel Veiga Amil e outros.

Descrición: é un piñeiral claro con algún raso e un camiño que o atravesa.

Nome do monte: Lamas.

Cabida: 2 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de César Francisco Rodríguez, Casiano Fontán Rocha, Fernando Domínguez Díaz e outros.

Sur: pista.

Leste: estrada ó monte e propiedades particulares de Hros. de Concepción Míguez Domínguez, Jesús Barbosa Valiño, Jorge Meleirón e outros.

Oeste: propiedades particulares de César Francisco Rodríguez, Orencio Rodríguez Rodríguez, Carmen González Míguez, José Otero Lago e outros

Descrición: aparecen piñeiros e eucaliptus adultos, algúns deles de gran tamaño. Inclúe un campo de fútbol duns 7.000 m aproximadamente.

Nome do monte: Outeiro ou Casal.

Cabida: 1 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño Aniceto.

Sur: propiedades particulares de Antonio Pereira Suárez, Fita do Dego e outros.

Leste: propiedades particulares de Viuva de Ricardo González Rodríguez, Carmen Barros, Constantino Alonso Faustino e outros.

Oeste: propiedades particulares de Faustino Pérez Fernández. Miguel Días López e outros.

Descrición: aparecen matos con algún piñeiro adulto.

Nome do monte: As Pedreiras.

Cabida: 1 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: concello das Neves.

Sur: propiedades particulares de Constantino Vázquez González, Adoración Fernández González e outros.

Leste: propiedades particulares de Berbiana Pérez González, Carmen Barros, Manuel Pérez Polleiro, Josefa Fernández Álvarez e outros.

Oeste: camiño Moreira - Cristo.

Descrición: trátase dun piñeiral de P.Pinaster duns 30 anos que linda co monte comunal de Taboexa, concello das Neves.

Nome do monte: do Cristo.

Cabida: 1.200 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Antonio Álvarez.

Sur: pista Roda - Cristo.

Leste: capela do Cristo.

Oeste: propiedades particulares de María L. Estévez Lage.

Descrición: trátase dunha pradeira que rodea unha capela, con algúns plátanos adultos.

Nome do monte: Os Eidos.

Cabida: 500 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: estrada Meder - Taboexa.

Sur e leste: propiedades particulares de Hros. de Carmen Roda Álvarez.

Oeste: propiedades particulares de Hros. de José Portela Álvarez.

Descrición: atópase poboado con acacias dun tamaño pequeno.

Nome do monte: Barrio da Luz.

Cabida: 1.800 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: pista ó cemiterio.

Sur: propiedades particulares de Hros. de Eugenia Paramés.

Leste: pista ó cemiterio.

Oeste: camiño público ó cemiterio.

Descrición: trátase dunha chaira ó bordo da estrada que conduce ó cemiterio.

Nome do monte: Barreira de Nogueiró ou A Fraga.

Cabida: 700 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Manuel Veiga Veiga

Sur: camiño público.

Leste: propiedades particulares de Alberto González Grandal.

Oeste: propiedades particulares de Manuel Veiga Veiga.

Descrición: atópase ocupado por un pequeno parque infantil.

Nome do monte: Fontecoba.

Cabida: 400 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Manuel Veiga Veiga, Mª Ermitas Veiga Vidal, Pilar Rodríguez Rodríguez.

Sur: propiedades particulares de Mª Ermitas Veiga Vidal e Adelaida Veiga Vidal.

Leste: estrada local Nogueiró - Roda.

Oeste: propiedades particulares de Alberto González Grandal.

Descrición: atópase ocupada en parte pola entrada a un predio particular. Inclúe un estanque de auga con algúns piñeiros ó seu redor

Fundamentos de dereito.

Primeiro: o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo.-De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que con independencia da súa orixe, as súas posiblidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

Terceiro.-Examinado o expediente administrativo, tendo en conta a documentación achegada, o informe emitido polo Servicio de Montes e Industrias Forestais, así como as alegacións formuladas polos inte

resados cabe manifestar que das once parcelas das que se solicita a o instructor do expediente entende que non reúnen os requisitos para a súa clasificación as seguintes parcelas:

Monte do Cristo, de 12 áreas, constituída por un terreo no que existen plátanos e pradeiras rodeando unha capela sendo posiblemente a súa orixe de propiedade da Igrexa Católica non sendo susceptible de aproveitamento veciñal.

Monte Os Eidos, de 5 áreas, está poboado de acacias que son unha especie árborea que nace espontaneamente en predios abandonados e que en modo algún son aproveitables, que xunto coa súa reducida superficie non é viable para ser clasificada como veciñal en man común.

Monte Barrio da Luz, non é máis que unha chaira o bordo dunha estrada que conduce a un cemiterio, tratándose pois dun terreo sobrante dunha vía que en ningún modo pode gozar da consideración e do aproveitamento como veciñal en man común.

Monte Barreira de Nogueiró ou A Fraga, de 7 áreas, independentemente das cuestións litixiosas sobre a súa titularidade que non pode o Xurado Provincial de Montes entrar a debater, parte da propiedade é reclamada polo González Grandal e Jesusa Míguez, actualmente atópase ocupada na súa inmensa maioría por un parque infantil, circunstancia esta que xunto coa non acreditación do seu aproveitamento veciñal en man común, fan inviable a súa clasificación.

Monte Fontecoba, de 4 áreas, dado o reducido da súa superficie, figurando nela un estanque de auga e atopándose ocupada unha parte da súa superficie pola entrada dun camiño a un predio particular tampouco merece a consideración de veciñal en man común.

Con respecto ó monte Lamas, na superficie do cal figuran uns terreos deportivos que ocupan unha superficie de 7.000 m, existe unha contraposición de intereses en canto á súa clasificación como veciñal en man común. En tal sentido o Concello de Salvaterra do Miño manifesta que custeou as instalacións deportivas considerando que o citado monte é de propiedade municipal, pero sen achegar ningunha xustificación sobre tal extremo, pois nin se proban documentalmente os gastos sufragados para instalacións deportivas nin se achega certificación rexistral acreditativa da súa propiedade nin tampouco figura no inventario de bens municipais. Por outra parte a asociación recreativa, deportiva e cultural Los Amigos de Meder pretende a súa exclusión como veciñal en man común e pretende pola súa vez que os 13.000 m restantes do monte fóra dos 7.000 m que ocupan as instalacións deportivas, sexan complementarios delas.

A circunstancia que no citado monte existan unhas instalacións para práctica deportiva non é obstaculo para a súa clasificación como veciñal en man común dado que a propia Lei de montes veciñais en man

común e o regulamento que a desenvolve sinalan que o aproveitamento actual dunha determinada parcela non exclúe a súa clasificación como veciñal en man común sempre que se veña aproveitando consuetudinariamente sen asignación de cotas por unha determiñada entidade ou comunidade veciñal.

En canto ás demais parcelas das que se solicita como veciñal en man común, resulta probado o aproveitamento veciñal nas seguintes: Mangarela, Pozo Novo, Lamas, Portelo da Fonte, Outeiro ou Casal e As Pedreiras.

En consecuencia, vista a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios, de xenérica e específica aplicación ó caso examinado, e tendo en conta que no expediente queda acreditado, de xeito efectivo, que os terreos obxecto de clasificación veñen sendo aproveitados consuetudinariamente polos membros desta comunidade, o instructor propón e de maneira unánime o xurado acorda:

Clasifica-los montes Lamas, Mangarela, Pozo Novo, Portelo da Fonte, Outeiro ou Casal e As Pedreiras a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Meder, do concello de Salvaterra do Miño, correspondéndose coa descrición recollida no feito quinto e a planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable desta resolución.

Non clasifica-los montes Do Cristo, Os Eidos, Barrio da Luz, Barreira de Nogueiró ou A Fraga e Fontecoba por non reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 10 de xuño do 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra e presidente

do Xurado Provincial de Clasificación de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra