Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 16 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición do permiso de actividade, da concesión de ocupación de dominio público e o estudio de impacto ambiental para a posta en funcionamento dun establecemento de cultivos mariños.

Para os efectos previstos nas disposición legais que se indican.

Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre.

Real decreto 1471/1998, do 1 de decembro, que desenvolve a Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Sométese a información pública a petición de permiso de actividade, da concesión de ocupación de dominio público e o estudio de impacto ambiental do establecemento que se describe:

-Características do establecemento:

Nome: Insuiña, S.L.

Tipo: granxa mariña.

Actividade: engorde.

Especies: rodaballo (Psetta maxima), linguado (Solea solea; Solea senegalensis).

Situación: Cabo Touriñán, concello de Muxía, provincia da Coruña.

Solicitante: Insuiña, S.L. DNI/CIF: B36021954.

-Proxecto do permiso de actividade, concesión de ocupación e documentación complementaria:

Prazo de exposición: vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición:

Servicio de Acuicultura.

Dirección Xeral de Recursos Mariños.

Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Rúa do Valiño, 63-65, baixo.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: de 9 a 14 horas.

Prazo para formular alegacións: vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Estudio de impacto ambiental e documentación complementaria:

Prazo de exposición: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugares de exhibición:

1. Servicio de Acuicultura.

Dirección Xeral de Recursos Mariños.

Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Rúa do Valiño 63-65, baixo.

15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

2. Delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

R/ Ramón y Cajal, nº 1.

Casa do Mar, 5ª planta.

15071 A Coruña

Horas: de 9 a 14 horas.

Prazo para formular alegacións: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2003.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños