Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2003 Páx. 9.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO do 10 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se relacionan requirimentos de pagamento acordados en expedientes de desafiuzamento administrativo e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia. (Expediente OR-80/010, conta 43 e tres máis).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados, por comparecencia, na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, nº 1, baixo, en Ourense, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Advírteselles que en caso contrario se procederá a insta-la resolución dos seus contratos e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicala posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 10 de xullo de 2003.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Interesado: José Manuel Conde Alonso.

Último enderezo coñecido: r/ Díaz de la Banda, nº 22, 3º dta. 32004 Ourense.

Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades adebedadas por recibos pendentes da vivenda identificada co nº de conta 43 do expediente OR-80/010.

Interesada: Sira del Carmen Barreiro Fernández.

Último enderezo coñecido: r/ Escultor Faílde Gago, nº 4, 4º esq. 32004 Ourense.

Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades adebedadas por recibos pendentes da vivenda identificada co nº de conta 65 do expediente OR-20-IV/76.

Interesado: Benigno García Rubio.

Último enderezo coñecido: estrada de Berán, bl. VIII, nº 19, 1º. 32420 Leiro.

Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades adebedadas por recibos pendentes da vivenda identificada co nº de conta 15 do expediente OR-80/050.

Interesada: Manuela Pereiras Díaz.

Último enderezo coñecido: r/ A Conga, bl. 2, portal 1, 3º esq. 32400 Ribadavia.

Indicación do contido do acto que se notifica: requirimento de pagamento das cantidades adebedadas por recibos pendentes da vivenda identificada co nº de conta 17 do expediente OR-871.