Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da alcaldía de data 10-7-2003 e do disposto nos artigos 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obra de rehabilitación da casa da xuventude de Ribadeo.

1. Obxecto: a rehabilitación dun edificio destinado á casa da xuventude de Ribadeo.

2. Tramitación : urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Tipo de licitación e financiamento: 339.036,83 A, incluído IVE, financiamento plurianual segundo o prego de condicións.

6. Prazo de execución: 18 meses.

7. Prazo de garantía: un ano contado desde a data de sinatura da acta de recepción das obras.

8. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, artigo 35 do TRLCAP.

9. Fianza definitiva: 4% do importe da adxudicación, artigo 36 TRLCAP.

10. Clasificación empresarial requirida: grupo C, subgrupo 1, categoría c; grupo K, subgrupo 1, categoría c.

11. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio

no BOP ou DOG, cos requisitos do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo, neste caso, mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, Praza de España n 1. 27700 Ribadeo-Lugo. Teléfono: 982 12 86 50. Fax: 982 13 09 75, horario de atención ó público de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

12. Modelo de proposición: o que figura como modelo de proposición no anexo do prego de condicións económico-administrativas particulares.

13. Apertura de proposicións: realizarase de conformidade co previsto no prego de condicións económico-administrativas particulares antecitado.

Ribadeo, 10 de xullo de 2003.

Fernando Suárez Barcia

Alcalde accidental