Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a execución das obras de acondicionamento da praza de abastos (pavimento antiesvaradio).

2. Prazo do contrato: un mes.

3. Prezo do contrato: 105.619,87 A.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso será de 2.112,40 A.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro de licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante o vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do último dos anuncios n BOP ou no DOG.

Tamén se poderán presentar na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e a documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 9 de xullo de 2003.

Joaquín J. Gago López

Alcalde