Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a explotación do edificio destinado a bar, vestiarios e servicios na piscina municipal de Arca.

3. Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

4. Canon de explotación: 800 euros anuais.

5. Fianza provisoria: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Lugar: Concello do Pino. Enderezo: Pedrouzo, Arca, teléfono: 981 51 10 02.

7. Presentación de ofertas: na secretaría do concello en horario de nove a trece horas e no prazo de sete días naturais contados desde o último anuncio publicado.

8. Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos de anuncios e tributos: por conta do adxudicatario.

O Pino, 10 de xullo de 2003.

Manuel Taboada Vigo

Alcalde