Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 23 de maio de 2003 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Resolve-las alegacións formuladas por particulares e entidades no período de información pública da aprobación inicial do PXOM, no senso recollido nos tomos dos textos refundidos, unha vez adaptados os informes das alegacións 1 e 2 ás observacións contidas no informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de data 21 de maio de 2003.

Segundo.-Prestar aprobación ós convenios urbanísticos subscritos entre a Administración municipal e persoas xurídicas e particulares que se relacionan:

Nº 1: Manuel Carballo Quintá.

Nº 2: Hermosinda Martínez Abal.

Nº 3: Pibalar S.L.

Nº 4: Juan Sousa Antón

Terceiro.-Conseguintemente, aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado por ADIU, S.L., e recollido na documentación seguinte:

Tomo I. Información urbanística.

Tomo II. Estudio do medio rural.

Tomo III. Planos de información.

Tomo IV. Normativa.

Tomo V. Planos de ordenación.

Tomo VI. Patrimonio arquitectónico. Fichas de elementos catalogados.

Cuarto.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, isto é:

a) O acto de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Así mesmo haberá que publicarse no BOP o documento que conteña o texto íntegro da súa normativa e ordenanzas.

b) Darase traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dunha copia adverada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado, con tódolos planos e documentos que integran o plan xeral, debidamente dilixenciado polo secretario do concello.

A eficacia do acto de aprobación definitiva, e a entrada en vigor do plan aprobado, quedan condicionadas ó cumprimento do disposto neste artigo e ó que dispoña o efecto a lexislación reguladora da Administración actuante.

O presente acordo esgota a vía administrativa e contra este quen se considere lexitimado poderá interpoñer directamente pór o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Nembargantes, tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que o interesado considere procedente consonte a dereito, significándose que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non admite interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Segundo o disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a normativa e as ordenanzas do presente PXOM publicaranse no BOP, e non entrará en vigor ata que transcorra o prazo de 15 días.

A documentación correspondente á aprobación definitiva remitiuselle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o día 20 de xuño de 2003, rexistro de saída do concello, número 1245.

Meis, 24 de xuño de 2003.

José Luis Pérez Estévez

Alcalde