Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003 pola que se fai público o nomeamento dunha funcionaria.

Faise público o nomeamento de Ana Gloria García Alonso, con DNI nº 11422728, como funcionaria de carreira da escala de Administración especial, subescala técnica, xefa da Sección Técnica, adscrita á área de urbanismo deste concello, cun complemento de destino nivel 24 e cun complemento específico de 7.169,42 euros. O nomeamento realizouse por resolcuión desta alcaldía do 11 de xuño de 2003 unha vez resolto o concurso.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que terá que efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes a esta publicación.

O que se fai público en cumprimento do preceptuado no artigo 25.2º, do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Culleredo, 12 de xuño de 2003.

O alcalde

P.D. (Resolución 22-10-1999, BOP do 13 de novembro)

Mª Alicia Ferreiro Varela

Concelleira de Persoal, Réxime Interior

e Seguridade Cidadá