Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

CONCURSO de iniciativas.

1. Obxecto do concurso: é obxecto do concurso a selección de persoa/s física/s ou xurídica/s que, mediante a achega de capital privado, concorran co concello á creación dunha sociedade mercantil de responsabilidade limitada, nos termos e condicións que se establecen nos pregos de condicións aprobados e nos pactos estatutarios que rexan a sociedade.

2. Obtención de información: Concello de Monterroso-Praza de Galicia 1, teléfono: 982 37 70 01; fax: 982 37 76 17.

a) Data límite para obtela: ata que remate o prazo de presentación de ofertas.

3. Presentación de ofertas.

a) Data límite: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o seguinte ó da derradeira publicación que se produza.

b) Documentación que integrará as ofertas:

Sobre número A.-Denominado documentación xeral. Deberá conte-los documentos que se establecen na cláusula 9ª do prego de condicións.

Sobre número B.-Conterá a documentación indicada no prego. O modelo de oferta será o figurado no anexo deste.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Monterroso. Praza de Galicia nº 1. C.P. 27560 Monterroso (Lugo).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes contado desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.

4. Apertura de ofertas: na casa do concello o quinto día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación, ás doce horas.

Monterroso, 18 de xuño de 2003.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente