Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2003 pola que se aproba o expediente correspondente á licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do servicio correspondente á edición de 200.000 exemplares da Guía Práctica da Enerxía no Fogar.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Instituto Enerxético de Galicia.

1.2. Dependencia que tramita: Departamento de Planificación e Xestión.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: edición de 200.000 exemplares da Guía Práctica da Enerxía no Fogar.

2.2. Prazo de execución: 40 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oitenta mil euros (80.000,00 euros), IVE incluído.

5. Garantía provisoria.

Importe total: mil seiscentos euros (1.600,00 euros).

6. Garantía definitiva.

4% do orzamento total de adxudicación.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no Instituto Enerxético de Galicia, sito en Santiago de Compostela, rúa Ourense nº 6 (A Rosaleda), asi como na páxina web do INEGA www.inega.es.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 15 14.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás catorce horas do oitavo día natural seguinte ó da data de publicación do anuncio de licitación no DOG. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 2.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Enerxético de Galicia.

b) Enderezo: rúa Ourense nº 6, A Rosaleda.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Enerxético de Galicia.

b) Enderezo: rúa Ourense nº 6, A Rosaleda.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 30 de xullo de 2003.

e) Hora: ás doce horas.

10. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario, cun importe máximo de 1.400,00 euros.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2003.

Juan Caamaño Cebreiro

Director do Instituto Enerxético de Galicia