Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2003, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 1/2003, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para o servicio de recolla e transporte de mostras clínicas, probas diagnósticas e documentación dos diversos centros dependentes desta xerencia.

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

Obxecto: recolla e transporte de mostras clínicas, probas diagnósticas e documentación dos diversos centros dependentes desta xerencia.

Orzamento: 112.905 A (IVE incluído) (cento doce mil novecentos cinco euros).

Garantías esixidas:

-Provisional: 2.258,10 A (dous mil douscentos cincuenta e oito euros e dez céntimos).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite ordinario.

Prazo de execución: quince meses desde a formalización do contrato, admitindo prórroga nos termos previstos no artigo 198 do TRLCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a seguir se especifican:

1. Rebaixas ofertadas sobre o orzamento máximo autorizado: ata 40 puntos.

2. Proposta de organización do servicio: ata 30 puntos.

3. Medios achegados ó servicio: ata 20 puntos.

4. Melloras adicionais sobre os mínimos establecidos nos pregos: ata 10 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no departamento de subministración da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, sito en r/ Pasteur, nº 22 (pol. da Grela), 15008 A Coruña. Teléfono: 981 25 14 50, fax: 981 25 16 66 en días hábiles desde as 9.00 ata as 14.00 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, Paseo General Sir John Moore, nº 2, segundo andar, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG; ou por correo, na forma indicada no punto 5.2º.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña, no Paseo General Sir John Moore, nº 2, ás 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a

apertura de proposicións terá lugar para o seguinte día hábil.

Documentación que terán que achegar os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 17 de xuño de 2003.

Luís Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol