Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do aproveitamento hidroeléctrico do Xesta, no río Xesta ou Oitavén, no termo municipal da Lama, Pontevedra, promovida pola empresa Desarrollo Energético de A Lama S.R.L., efectuada por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de xuño de 2003.

En cumprimento do disposto no artigo 128 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regulamenta as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público que o 19 de xuño de 2003 o Consello da Xunta de Galicia adoptou, por proposta da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, o seguinte acordo que se transcribe como anexo a esta resolución

Visto o escrito presentado pola sociedade Desarrollo Energético de A Lama S.R.L., con CIF nº B-15712151 e con enderezo para efectos de noti

ficacións no Cantón Grande nº 6, 6º A, 15003 A Coruña, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 28 de marzo de 2000, e mediante resolución de Augas de Galicia, outorgóuselle unha concesión á sociedade Desarrollo Energético de A Lama S.R.L. para derivar un caudal de auga de ata 2.250 l/s entre as cotas 580 e 399 m do río Oitavén ou Xesta, no termo municipal da Lama, Pontevedra, con destino á producción eléctrica para uso público, e declaráronse de utilidade pública as obras constructivas do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes dos bens e dereitos que correspondan.

Segundo.-Por Resolución do 1 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, autorizouse administrativamente e aprobouse o proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico do río Xesta, no río Oitavén ou Xesta, no termo municipal da Lama, Pontevedra.

Terceiro.-A Dirección Xeral de Industria resolveu incluír, o 20 de febreiro de 2001, o aproveitamento hidroeléctrico anteriormente autorizado no réxime especial de producción eléctrica regulado polo Real

decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, e incluíla no grupo b.4) ó que fai referencia o artigo 2 do devandito real decreto.

Cuarto.-En cumprimento das condicións expostas, na resolución de Augas de Galicia do 28 de marzo de 2000, o promotor presentou o proxecto constructivo do aproveitamento hidroeléctrico, no cal se apreciaban unha serie de diferencias respecto do proxecto inicial. Estas diferencias non supuxeron unha modificación na declaración de efectos ambientais, realizada por Acordo do 22 de outubro de 1992 pola Comisión Galega de Medio Ambiente, tal e como se reflicte na ratificación feita pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 24 de maio de 2002 na que informa, sen embargo, da conveniencia de aumenta-los caudais ecolóxicos.

Quinto.-Por resolución do presidente de Augas de Galicia do 22 de outubro de 2002 aprobouse o proxecto constructivo presentado, no que se modifican certas condicións impostas na concesión inicial referentes ó tramo ocupado, ás características da turbina e ó xerador que se vai instalar, ó prazo polo que se outorga a concesión e ó novo réxime de caudais ecolóxicos establecidos.

Así, e para os nosos fins, as características da concesión son as seguintes:

* Caudal que se vai derivar: 2.250 l/s.

* Tramo ocupado polo aproveitamento: entre a cota 563,2 m, correspondente ó nivel máximo no punto de toma, e a cota 377,5 m, correspondente á cota de augas na canle en réxime de augas medias, no punto de restitución de caudais á canle público.

* Salto: 185,7 m.

* Maquinaria que se vai instalar: turbina Pelton e alternador síncrono de 4.250 kVA de potencia nominal.

Sexto.-Por Resolución do 31 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, aprobouse o modificado do proxecto de execución e modificouse o recoñecemento de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica, regulado polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, do aproveitamento hidroeléctrico do río Xesta, no río Oitavén ou Xesta, promovido pola empresa Desarrollo Energético de A Lama, S.R.L., no termo municipal da Lama, Pontevedra.

Sétimo.-Mediante escrito dirixido ó servicio territorial Demarcación Galicia-Centro de Augas de Galicia, a sociedade Desarrollo Energético de A Lama, S.R.L., solicitou a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación que leva implícito, todo iso segundo os efectos previstos nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os artigos 125 e 144 do

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o artigo 123 da Lei de augas.

Oitavo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra someteu o proxecto anterior ó trámite de información pública mediante Resolución do 29 de novembro de 2002, publicada no DOG, do 13 de decembro de 2002, no BOP de Pontevedra do 11 de decembro de 2002, e no xornal La Voz de Galicia do 10 de decembro de 2002. Ademais a anterior resolución estivo exposta no taboleiro de anuncios do Concello da Lama, o cal emitiu certificación da súa exposición.

Durante o período no que se someteu a trámite de información pública recibíronse as seguintes alegacións referentes á utilidade pública do proxecto:

1. Elsa Amorín Piñeiro, Saladina Garrido Aldir e Fernando Amorín Piñeiro, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Xesta, alegan, en diferentes escritos remitidos á Delegación da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, o seguinte:

* Mostran a súa desconformidade co procedemento expropiatorio en curso, debido, primeiro, á existencia dun procedemento contencioso-administrativo en curso no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra sobre a concesión outorgada, e segundo, polos prexuízos ambientais que poden causa-la ocupación dos terreos e as obras derivadas da devandita expropiación, e aínda que cabe a posibilidade de obter unha sentencia favorable ós seus intereses, os danos serán irreversibles. Por todo iso, entenden que o procedemento expropiatorio debería esperar á resolución do devandito contencioso-administrativo, tanto por razóns de seguridade xurídica como para evita-la sensación de desprotección e desamparo dos veciños do lugar cando están tratando de defende-la lexítima salvagarda dos seus dereitos ante as instancias xudiciais.

* Os planos achegados teñen unha serie de deficiencias, como é a non identificación da porción de terreo afectada polo procedemento de expropiación dentro do total do terreo, así como de existir servidumes de paso, a zona na que se poderá constituír e, polo tanto, a existencia dunha posible limitación.

* Por último, alegan que Esther Piñeiro Claro é outra das persoas afectadas pola expropiación, a cal non recibiu ningunha notificación sobre a apertura deste trámite nin se lle deu traslado para formula-las alegacións precisas en defensa da súa posición, o cal, entenden, invalida o procedemento.

2. José Baqueiro Ogando, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Xende, mostra a súa desconformidade coa delimitación parroquial que realiza a empresa pro

motora do aproveitamento hidroeléctrico e, polo tanto, coa relación de bens e dereitos publicada. Todo iso é debido a que a delimitación cartográfica, no expediente de expropiación que se somete a información pública, difire ostensiblemente da verdadeira liña divisoria do monte veciñal de Xende coas parroquias circunveciñas de Xesta e Antas, a cal está materializada na realidade física que nos concretan os sinais divisores (cruzamentos e marcos), xustificadas no informe pericial realizado polo enxeñeiro técnico agrícola Ángel Bravo Portela. Á parte deste informe pericial, o alegante achega os seguintes documentos xustificativos:

* Documentación histórica achegada:

a) Preito entre os veciños da parroquia de Xende e os da parroquia de Xesta, lugar de Liñares, sobre usos e posesión do monte común á saída do lugar da Paradela, ano 1970, Arquivo do Reino de Galicia.

b) Expediente de excepción de venda, ano 1861, Arquivo Histórico Provincial.

c) Relación de montes do común de veciños, ano 1861, Arquivo Histórico Provincial.

* Un plano a escala 1: 5.000 no que se realiza unha representación da liña divisoria existente entre as devanditas parroquias.

Por último, e mediante escrito con data de entrada posterior á finalización do período de alegacións, o alegante expón que a Comunidade de Montes Veciñais, da que é presidente, formulou unha demanda de acto de conciliación contra a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Antas, co fin de que recoñeza, entre outros extremos, que a liña divisoria entre ámbalas dúas parroquias é a que se reflicte no devandito informe pericial. O devandito acto de conciliación non se realizou ata a data, polo que a superficie de terreo que reclama a comunidade de Xesta está en litixio coa comunidade de Antas, á que se debe recoñece-la súa condición de interesada neste expediente en espera do que resulte das accións xudiciais.

Quinto.-As instalacións electromecánicas do aproveitamento hidroeléctrico do río Xesta, segundo a modificación do proxecto de execución del, asinado pola enxeñeira de camiños, canles e portos Nuria González González e polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares, e visado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, teñen as seguintes características:

-Caudal máximo derivado: 2.250 l/s.

-Caudal ecolóxico: 165 l/s.

-Cota da toma a nivel máximo normal: 563,05 m.

-Cota de restitución á canle pública: 377 m.

-Cota do rolete: 383,05 m.

-Salto total: 182,05 m.

-Salto útil a caudal dispoñible: 177,87 m.

-Unha turbina tipo Pelton de eixe vertical, con catro inxectores de eixe horizontal, que ten un rendemento do 89,95% e que desenvolverá unha potencia, en condicións nominais, de 3.531,47 kW (P=9,81x2,25x177,87x0,8995).

-Un xerador síncrono trifásico de 500 r.p.m. de velocidade de sincronismo, de 4.250 kVA de potencia aparente, 50 Hz de frecuencia e unha tensión de xeración de 6 kV.

-Un transformador trifásico de 4.600 kVA de potencia nominal e 20 kV/6 kV de relación de transformación.

-Un transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e unha relación de transformación de 380 V/20 kV.

-Cadanseus transformadores, un elevador de 380 V a 690 V, e outro reductor, de 690 V a 380 V, para abastecemento de enerxía ó azude de 15 kVA.

-Liña de conexión subterránea de 690 V, paralela á tubaxe, entre a central e o azude.

-A liña subterránea de 20 kV, de conexión coa liña de distribución, será obxecto de proxecto independente.

-Producción media anual estimada: 13.464 MWh.

-Orzamento de execución por contrata sen IVE: 647.948,5 euros.

-Instalacións de protección, manobra, mando, sinalización e medida.

Noveno.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable, propoñendo declarar de utilidade pública, en concreto, as instalacións electromecánicas do aproveitamento hidroeléctrico do río Xesta, no río Oitavén ou Xesta.

Décimo.-O 15 de maio de 2003, a Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia emitiu informe previo favorable á devandita declaración de utilidade pública.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o establecido na disposición adicional terceira da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, relativa á declaración de utilidade pública das obras do organismo autónomo Augas de Galicia, constitutivas de aproveitamentos hidráulicos outorgados con destino á producción de enerxía eléctrica.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación existente no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na relación de bens e dereitos afectados, na titularidade deles, na determinación de servidumes

e na natureza dos terreos afectados, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomou razón delas. Non obstante, será durante o levantamento de actas, ó que será oportunamente convocado, o momento no que poderá demostra-las anteriores alegacións, achegando a documentación acreditativa necesaria.

2. Respecto ás alegacións máis concretas feitas por Elsa Amorín Piñeiro, Saladina Garrido Aldir e Fernando Amorín Piñeiro, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Xiesta, respóndeselles que:

* Segundo o exposto no artigo 111 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a existencia dun recurso contencioso-administrativo non suspenderá a execución do acto impugnado se previamente non se suspendeu a devandita execución no recurso administrativo e se prolongou a devandita suspensión, como medida cautelosa, en vía contencioso-administrativa.

* Por outra parte, e aínda que segundo Fernando Amorín Piñeiro se instou á suspensión da execución do acto administrativo no procedemento xudicial ordinario que se segue no Xulgado Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra, esta dirección xeral non ten constancia de ningún auto de resolución neste sentido.

* A delegación provincial remitiulle á empresa promotora as distintas solicitudes de documentación complementaria formuladas polos alegantes. Aquela tomou razón delas e proceden ó envío, con xustificante de recepción, de diferentes planos explicativos da superficie afectada e delimitada.

3. Por último, e respecto ó alegado por José Baqueiro Ogando, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Xende, reflíctese que a expropiación forzosa se entende co propietario que actualmente ten recoñecido o dereito como tal, sen prexuízo de que sentencias firmes posteriores establezan unha distribución distinta da propiedade; neste caso procederase a realiza-las modificacións oportunas.

De acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia acorda:

1º Declara-la utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación do proxecto do aproveitamento hidroeléctrico do río Xesta, no río Oitavén ou Xesta. Todo iso segundo os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

2º O órgano competente por razón da materia para a tramitación do expediente é a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, e esta consellería deberá cumprir co procedemento legal establecido.

Queda obrigada a empresa titular da instalación a notifica-lo comezo e o remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto esta resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade e medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO