Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca o levantamento de actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do modificado parcial do Proxecto Eixe Bergantiños, revisión 1, nos termos municipais de Arteixo e A Laracha.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Xunta de Galicia do 17 de xaneiro de 2003, autorizouse o proxecto de execución do modificado parcial do Proxecto Eixe Bergantiños, revisión 1 (expediente 37/2001), que discorre polos termos municipais de Arteixo e A Laracha. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto nos artigos 103 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, procede a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan na casa do concello do termo municipal onde radican os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o precitado artigo 52, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, procederase, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente, ou representados por persoa debidamente autorizada, e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar á súa custa dos seus peritos e un notario se o consideran oportuno.

Para o levantamento de actas os afectados deberán presentarse os próximos días 4 e 5 de agosto de 2003, na Casa do Concello de Arteixo, e os días 6, 7 e 8 de agosto na Casa do Concello da Laracha.

A orde de levantamento de actas comunicarase a cada interesado mediante oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos do concello sinalado, a cal foi sometida a información pública no DOG do 3 de maio de 2002; no BOP da Coruña do 4 de maio de 2002; e en La Voz de Galicia do 5 de maio de 2002.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación desta resolución ós titulares descoñecidos dos predios que se describen no anexo, así como daqueles que resultasen de titularide descoñecida ou con enderezo ignorado da relación que se someteu ó trámite de

información pública para o outorgamento da resolución da Dirección Xeral de Industria.

No expediente expropiatorio, Gas Directo, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 1 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Termo municipal de Arteixo

Predio nºTitularSP (ml)OT (m)Pol.Par.NaturezaDía/hora

C-AX-6Descoñecido1602.24069135Eucaliptal4-8/10.00
C-AX-26Descoñecido82508265Monte baixo/eucaliptal4-8/10.00
C-AX-53Carmen Pardo Rey (enderezo descoñecido)81128185Labor4-8/16.30
C-AX-55Descoñecido152108183Labor4-8/10.00
C-AX-78Marina Blanco Abeleira (enderezo descoñecido)4866044235Labor/prado5-8/09.30
C-AX-80Carmen Suárez Añón (enderezo descoñecido)6488944236Fentos/eucaliptal5-8/09.30
C-AX-81Manuel Vázquez Naya (enderezo descoñecido)109044237Labor/prado5-8/09.30
C-AX-89Mª Victoria Vázquez Mariño (enderezo descoñecido)8299644154Eucaliptal5-8/10.30
C-AX-96Descoñecido183504458Eucaliptal4-8/10.00
C-AX-100Descoñecido1428044637Eucaliptal4-8/10.00
C-AX-102Descoñecido4984844636Eucaliptal4-8/10.00
C-AX-106Marina Blanco Abeleira (enderezo descoñecido)598134467Eucaliptal5-8/12.30
C-AX-108Carmen Recouso Varela (enderezo descoñecido)1281.80644530Eucaliptal5-8/12.30
C-AX-109Descoñecido2028044552Eucaliptal4-8/10.00
C-AX-111Descoñecido2230844610Eucaliptal4-8/10.00
C-AX-112Descoñecido2939944554Eucaliptal4-8/10.00

Termo municipal da Laracha

Predio nºTitularSP (ml)OT (m)Pol.Par.NaturezaDía/hora

C-LA-61Descoñecido034214203Prado6-8/18.30
C-LA-115Descoñecido2122412225Prado6-8/18.30
C-LA-127Anunciación Ramilo Mogareda (enderezo descoñecido)4273511134Labor7-8/16.30
C-LA-288Descoñecido312801483Piñeiral6-8/18.30
C-LA-323Descoñecido2511316285Accesos6-8/18.30

Abreviaturas utilizadas. SP: servidume de paso. OT: ocupación temporal.