Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.565

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

ORDE do 9 de xullo de 2003 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Emigración, anunciada pola Orde do 19 de maio de 2003.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Emigración, anunciada por Orde do 19 de maio de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 10 de xuño, corrección de erros no Diario Oficial de Galicia, nº 115, do 16 de xuño de 2003), de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profe

sional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Emigración, anunciada pola Orde do 19 de maio de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 10 de xuño, corrección de erros no Diario Oficial de Galicia nº 115, do 16 de xuño).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica e selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correpondente alta.

Cuarto.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Emigración, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2003.

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro de Emigración

ANEXO

Apelidos e nome: Porrúa Pardal, Juan Carlos.

NRP: 3543706013 A2060.

Grupo: A.

Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de Comunidades Galegas.

Código: EM.C03.00.002.15770.001.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Emigración.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).