Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.565

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de xullo de 2003 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios para a atención e desenvolvemento do proxecto do Sistema de Información da Educación Galega (Siega).

Cumpridos os trámites previstos na base décimo primeira da Orde do 24 de xaneiro de 2003 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para a atención e desenvolvemento do proxecto do Sistema de Información da Educación Galega (Siega), e de conformidade co disposto na base décimo segunda da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, no anexo desta orde, a adxudicación definitiva dos destinos obtidos no con

curso de méritos específico, convocado pola Orde do 24 de xaneiro de 2003 (DOG do 10 de febreiro).

Segundo.-Para os efectos previstos no punto 2 da base décimo segunda, a toma de posesión dos destinos acadados neste concurso terá efectos desde o 1 de setembro de 2003.

Terceiro.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

APELIDOS E NOMEDNIPRAZA OBTIDA

MANUEL GONZÁLEZ REGAL34993663PRAZA 1

MARGARITA PIN RODRÍGUEZ33321182PRAZA 1

JESÚS EMILIO FRANCO ARIAS33305932PRAZA 2. ORTIGUEIRA

RAMÓN LORENZO LAFUENTE35448909PRAZA 2. VILAGARCÍA DE AROUSA

RAMÓN LUIS GIL SÁNCHEZ32767084PRAZA 2. PONTEDEUME

PATRICIA SANTOS PÉREZ32834107PRAZA 2. MELIDE

JOSÉ LUIS BARREIRO CEBEY33280775PRAZA 3

MARÍA ISABEL ABELLEIRA BARDANCA33285197PRAZA 3

JESÚS GARCÍA OTERO33286643PRAZA 3

ANTONIO OVIDIO CARREIRA MONTES33305410PRAZA 3

BEATRIZ GARCÍA TURNES33296490PRAZA 3