Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.565

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro) pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na súa sesión do día 15 de xullo de 2003, relativo ó anuncio da data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio.

Na súa sesión do día 15 de xullo de 2003, o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), convocado pola Orde do 10 de outubro de 2002, de conformidade co establecido nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Que o terceiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 27 de xullo de 2003, domingo, en chamamento único ás 10:00 horas no Recinto Feiral de Silleda (Pontevedra).

Os aspirantes deberán presentarse para a realización do exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar. Non se permitirá o acceso ó recinto con teléfonos móbiles.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2003.

Álvaro M. Rodríguez Carballo

Presidente do tribunal