Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 17 de xullo de 2003 Páx. 9.548

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Almacenamientos y Montajes, S.A.U.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Almacenamientos y Montajes, S.A.U., con nº de código 3603002, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-6-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social, polos delegados de persoal, en data 29-5-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de xuño de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Disposición preliminar

Dada a situación de dependencia absoluta respecto a un número de clientes extremadamente reducido, as necesidades postas de manifesto por estes serán

tomadas en conta como prioritarias e determinantes para os efectos de interpretación e aplicación do presente convenio colectivo.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio concertado entre a dirección e os representantes legais dos traballadores da empresa Almacenamientos y Montajes, S.A.U., afecta o ámbito territorial da propia empresa no seu centro de traballo actual e calquera outro que puidese establecerse no futuro e regulará as condicións mínimas ás que se haberán de axusta-las relacións laborais e económicas dos traballadores da mencionada empresa.

Afectará a tódolos traballadores que actualmente presten os seus servicios na empresa, así como a aqueles que ingresen no futuro, sen máis excepcións que o persoal de alta dirección, que queda excluído del; e por extensión a calquera lugar onde o persoal realice servicios por conta da empresa.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e denuncia.

O convenio entrará en vigor a partir da data da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas aplicaranse a partir do 1 de xaneiro de 2003.

Terá unha vixencia de tres anos, expirando o día 31 de decembro do ano 2005. Quedará automaticamente denunciado con tres meses de antelación ó seu vencemento.

Artigo 3º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen, cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que no cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Os compromisos en materia salarial contidos neste convenio, e sen prexuízo do establecido anteriormente, non serán de aplicación cando a empresa acredite descenso, en termos reais, dos resultados do último exercicio, correspondendo en tal suposto o mantemento retributivo do ano anterior.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Para entender da interpretación do convido, créase unha comisión paritaria das partes negociadoras deste convenio, que estará integrada por catro membros, dous deles pola parte económica e dous pola parte social.

As reunións desta comisión celebraranse sempre que asista o 50% máis un, polo menos, dos membros que a integran, e para reunirse será suficiente que unha das partes o solicite. Entre a solicitude e a reunión, mediará un prazo mínimo de 48 horas.

Considéranse acordos da comisión paritaria, aqueles que fosen aprobados, polo menos, polo 50% máis un dos membros que a integran. Na acta serán recollidas as discrepancias xurdidas, no suposto de non existir acordo por unanimidade; así como o feito da non consecución de acordo entre partes.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

O número de horas de traballo efectivas en cómputo anual para a duración do presente convenio será de 1.769 horas para o ano 2003 e 1.766 horas para cada un dos anos 2004 e 2005.

O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador se encontre no posto de traballo.

A xornada actual absorberá e compensará calquera outra reducción de xornada que por calquera motivo se establezan no sucesivo, calquera que sexa o rango da disposición aplicable.

A fixación dos horarios de traballo e do calendario laboral será facultade da dirección da empresa, a cal establecerá con intervención dos representantes legais dos traballadores, os cadros horarios e calendarios laborais. De non existir acordo, prevalecerán os criterios das necesidades da empresa para adaptarse ós volumes de pedidos e servi-los clientes.

En calquera caso, establécese como principio básico do presente convenio que a configuración da xornada de traballo e os horarios estarán supeditados á preferente necesidade de servicio e atención ós clientes. En función do anterior, por aumentos ou diminucións no volume de pedidos, exceso de stocks, paradas de producción dos clientes, ou calquera outra causa que requira a acomodación do número de horas de man de obra dispoñibles ás realmente necesarias para atende-los pedidos, a dirección da empresa poderá modifica-los horarios fixados e establecer unha distribución irregular da xornada de traballo anual aumentando e/ou diminuíndo o número de horas de traballo efectivo diarias, logo de negociación cos representantes legais dos traballadores e respectando os descansos entre xornadas legalmente establecidos.

Acórdase expresamente que durante os tres anos de vixencia do presente convenio, o traslado de ata 10 xornadas de traballo que por circunstancias xustificadas fose necesario suspendelas e recupera-las en días non sinalados no calendario, aboándose a diferencia, se fose trasladado a día non laborable a súa recuperación.

De igual forma, a dirección da empresa, se as necesidades de traballo así o esixisen, poderá establecer quendas de traballo rotativos, con carácter semanal.

Artigo 6º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 21 días laborables se son desfrutadas en períodos fraccionados ó de 30 días naturais se se desfrutan seguidas, segundo calendario que se acorde, adaptado ás necesidades de subministración ós nosos clientes.

O número de días de vacacións que se desfrutarán serao en proporción ó tempo de permanencia na empresa e a ano de devengo vencido; tendo en conta que o período de devengo das vacacións que se desfruten nun determinado ano, será desde o 1 de setembro do ano anterior ata o día 31 de agosto do ano no que se desfrutan.

Se despois de confeccionado o calendario laboral, por cuestións organizativas, se fixese necesaria a modificación do desfrute das vacacións, as datas amoldaríanse ás devanditas necesidades establecendo quendas para o seu desfrute. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan, polo menos dous meses antes do comezo do desfrute, sempre que iso sexa posible.

De igual forma, se despois de confeccionado o calendario laboral, por circunstancias conxunturais ou outras circunstancias, a empresa se vise obrigada a paralizar ou diminuír sensiblemente a súa actividade, xa fose por avarías, falta de subministración de materias primas, exceso de stocks, diminución nos niveis de pedidos dos clientes ou necesidades destes ou calquera causa de forza maior; a dirección da empresa poderá modifica-lo período de vacacións de todo ou parte do persoal, logo de negociación cos representantes legais dos traballadores, prevalecendo o criterio das necesidades de subministración a n/clientes.

As vacacións cobraranse, a razón do salario convenio, máis a media do complemento de nocturnidade correspondente ós tres meses anteriores e media da producción realizada nos seis meses anteriores.

Artigo 7º.-Festivos.

Establécense como máximo os días festivos que con carácter nacional e local fixe o calendario publicado no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Haberase que ater en todo momento ó que dispón ó respecto o artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Páctase expresamente que, en caso de traslado do centro de traballo actual a outra localidade, e co fin de cubri-las necesidades de atención ó noso cliente Citroën, as festas locais que se van desfrutar serán as establecidas oficialmente para Vigo e non as da localidade na que estea situado o novo centro de traballo.

Artigo 8º.-Licencias.

A empresa concederá licencia retribuída con aboamento do salario convenio, nos seguintes supostos

e sempre que as causas que dan lugar á licencia sexan fidedignamente xustificadas.

a) Dezaseis días naturais en caso de matrimonio do traballador/a.

b) Tres días laborables en caso de nacemento de fillo.

c) Cinco días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe, fillos ou pais.

d) Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns.

e) Dous días naturais en caso de falecemento de netos, avós, pais políticos, fillos políticos e irmáns políticos.

f) Tres días naturais ó ano como máximo e para cada un dos supostos, en caso de enfermidade cualificada como de prognóstico grave polo facultativo, de cónxuxe, pais ou fillos.

g) Dous días naturais no suposto de traslado de domicilio.

h) O tempo necesario nos casos de asistencia do traballador/a a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo co horario de traballo sexa prescrita a devandita consulta polo facultativo de medicina xeral, debendo presenta-lo traballador previamente o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata un límite de dezaseis horas ó ano e a razón dun máximo de catro horas por día en que a consulta médica sexa necesaria.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

Terá que facerse uso destas licencias no momento de producirse o feito causante.

O traballador disporá dun día natural máis nos supostos recollidos nas alíneas d), e) e f) deste artigo, en caso de ter que realizar desprazamentos superiores a 200 km.

Artigo 9º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e/ou valoración que a dirección da empresa determine.

En caso de discrepancia no tempo asignado a unha operación, os servicios técnicos que a empresa determine realizarán unha comprobación do devandito tempo no prazo máximo de 15 días. Se malia a devandita comprobación se manteñen as discrepancias, realizarase outra comprobación polo persoal cualificado externo que a dirección da empresa determine, sendo o resultado desta comprobación vinculante para as partes.

Os tempos poderán ser modificados nos seguintes casos:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operativo, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise de posto.

d) Por erros nas gamas e follas de análise.

A revisión do tempo asignado a unha ou varias das fases dun proceso, implicará a automática revisión das restantes fases del e os tempos a elas asignados.

Artigo 10º.-Aplicación de tempos.

Será facultade da dirección adoptar ou non o sistema de prima de producción individual ou colectiva, nos postos de traballo nos que sexa tecnicamente posible e mentres a organización do traballo ou calquera outro criterio de productividade, ou seguridade no traballo, non aconsellen o contrario.

Cando un operario deba pasar dun posto productivo a outro non parecido e ámbolos suxeitos a sistema de primas de producción, ou ben cando se produza unha modificación substancial no método ou no tempo nos devanditos postos de producción incentivada, ó pasa-lo tempo de provisional a definitivo, facilitaráselle que no novo posto ou as novas circunstancias consiga o seu índice de productividade habitual mediante as compensacións de aprendizaxe.

Se o operario traballa a prima individual, a compensación de aprendizaxe consistirá en aboarlle o índice de productividade medio obtido na última quincena no posto anterior. Esta compensación durará como máximo o tempo necesario para a realización de 2.000 pezas ó tempo que a devandita peza teña asignado, e deixará de facerse se o operario non mellora diariamente o seu índice de productividade. No suposto de que no cálculo do tempo necesario para a realización das 2.000 pezas referidas, resultase fracción de días, efectuarase redondeo ó número de días inmediato superior.

Artigo 11º.-Rendementos.

Para os postos cronometrados e suxeitos a prima de productividade, o rendemento mínimo obrigatorio e máximo permitido será o chamado IP (índice de productividade) 90, equivalente ó obtido cun grao de actividade na escala 75-100 na que a actividade normal é 75.

Para efectos aclaratorios do parágrafo anterior entenderase obtido o IP 90, cando esta cifra sexa o resultado de multiplica-lo número de pezas obtidas polo tempo concedido para cada peza, e dividi-lo resultado polo tempo efectivamente traballado.

Acórdase para efectos do disposto no artigo 54 do Estatuto dos traballadores alínea e) e no artigo 11 da Ordenanza laboral siderometalúrxica referidos á ineptitude do traballador que o rendemento mínimo será o antes mencionado IP 90. A non consecución

do rendemento mínimo obrigatorio determinará a aplicación das sancións disciplinarias a que houber lugar.

Tódolos rendementos anteriormente citados entenderanse alcanzados sempre e cando os traballos estean realizados dentro das condicións das pezas modelo, dos útiles de verificación e cumprindo o establecido nos procedementos de calidade, seguridade e hixiene, proceso, mantemento, etc.

O incumprimento por parte do traballador dos requisitos e normas establecidos na empresa, levará aparellada a correspondente sanción que en función da súa gravidade, disciplinariamente se determina neste convenio.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, as pezas defectuosas por incumprimento do traballador dos requisitos e normas de fabricación, non computarán para efectos do pagamento da prima de productividade.

Durante a vixencia deste convenio, procederase a un estudio de viabilidade de implanta-lo IP (índice de productividade) 95, actualmente é de 90.

Artigo 12º.-Tempo de espera e tempo de paro.

a) Terán a consideración de tempos de espera, aqueles en que por causas imputables á empresa e alleas á vontade do traballador este teña que permanecer inactivo, ben por falta de elementos ó seu alcance, escaso ritmo da operación precedente, falta de ferramentas ou útiles de medición, espera de decisión de se o traballo pode ou non continuar por se ter presentado algunha dificultade no transcurso da súa execución, etc. Nestes casos, o traballador afectado percibirá o seu salario convenio.

O tempo asignado a incidencias, consideradas non productivas e que teñan un tempo asignado para a súa realización, aínda que este sexa provisional, será considerado como tempo efectivo para aboar como producción.

Así mesmo, preverase a posibilidade de darlles tempo a traballos dos que poida considerarse factible a súa cronometraxe.

b) Conceptuaranse como tempos de paro os que sufra o traballador por causas non imputables á empresa, ben por falta de materiais de traballo, fluído eléctrico, ou calquera causa de forza maior. Nestes casos, a dirección, logo de información ós representantes dos traballadores, poderá determinar suspende-la actividade da sección afectada ou de todo o centro de traballo, ata que se emenden as causas que provocaron a parada e o traballador deberá recupera-lo tempo non traballado na forma en que o determine a dirección da empresa cos representantes legais dos traballadores tendo, só entón, dereito a percepción dos haberes correspondentes ó tempo parado.

De non mediar acordo e se a empresa determina recuperalo en día non laborable, aboarase a diferencia entre día non laborable e día laborable.

Artigo 13º.-Retribución do persoal.

Componse de salario convenio, complemento de transporte e prima de posto ou prima de productividade para os postos de traballo nos que se adopte o devandito sistema de incentivo.

Determínase expresamente para o persoal ó que é de aplicación este convenio colectivo a non percepción de ningún tipo de retribución en concepto de antigüidade.

Artigo 14º.-Salario convenio.

O salario mensual, que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, é o que figura no anexo I salario convenio, deste convenio colectivo.

Para todo o persoal, tanto de taller como de oficinas, tódalas mensualidades se considerarán de 30 días con independencia do número de días naturais que teña o mes.

Artigo 15º.-Complemento de transporte.

O persoal afectado por este convenio, con independencia de que o tipo de horario no que preste os seus servicios sexa de xornada continuada ou xornada partida, percibirá por día laborable efectivamente traballado e en concepto de gastos de locomoción, a cantidade de 4,040 euros.

Artigo 16º.-Prima de productividade.

Pagaráselle unha prima de productividade de 0,583 euros por hora efectivamente traballada, única e exclusivamente ó persoal e polo tempo que preste os seus servicios nos postos de traballo nos que se adopte o devandito sistema de incentivo, de acordo co IP medio alcanzado mensualmente e sempre e cando este IP sexa igual ó 90 tal e como se establece como rendemento mínimo obrigatorio no artigo 11 deste convenio colectivo.

Establécese expresamente que, cando un traballador pase de presta-los seus servicios dun posto de traballo suxeito ó devandito sistema de incentivos a outro que non o está, deixará de percibir este concepto retributivo.

Artigo 17º.-Prima de posto.

a) Pagaráselle unha prima de posto de 0,406 euros por hora efectivamente traballada, única e exclusivamente, ó persoal e polo tempo en que preste os seus servicios no uso de carretillas elevadoras.

b) Pagaráselle unha prima de posto de 0,219 euros por hora efectivamente traballada, única e exclusivamente, ó persoal e polo tempo en que preste os seus servicios en tarefas de reparto de material ós postos de traballo.

c) Pagaráselle unha prima de posto de 0,583 euros por hora efectivamente traballada, única e exclusivamente, ó persoal e polo tempo en que preste os seus servicios nos postos específicos de recuperación e supervisores en liña de montaxe.

d) Pagaráselle unha prima de posto de 37,99 euros en cada unha das 14 pagas e proporcionalmente ó tempo efectivamente traballado, única e exclusivamente, ó persoal e polo tempo en que preste os seus servicios nos postos específicos de pilotos de carga.

Establécese expresamente que, cando un traballador pase de presta-los seus servicios dun posto de traballo suxeito ós devanditos sistemas de incentivos a outro que non o está, deixará de percibir este concepto retributivo.

Artigo 18º.-Complemento de nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade, para tódalas categorías e por hora efectivamente traballada, na contía de 0,718 euros/hora.

Considerarase traballo nocturno o realizado entre as 22 e as 6 horas.

Artigo 19º.-Complemento por trabajos tóxicos, penosos e perigosos.

1. A determinación ou cualificación dun traballo como penoso, tóxico ou perigoso farase por acordo entre a dirección da empresa e a representación legal dos traballadores, decidindo, en caso de desacordo, a autoridade laboral.

Fíxase a contía de 0,230 euros por hora efectiva de traballo, para o persoal que ocupe postos declarados tóxicos, penoso e/ou perigosos; xa estean afectados por un ou máis destes supostos.

2. Ruídos.

a) Aboarase o complemento correspondente a traballos tóxicos, penosos e/ou perigosos, a razón de 0,156 euros por hora de traballo efectivamente realizada, naqueles postos de traballo nos que se alcancen niveis de ruído equivalente diario superiores a 90 dB(A), e en concepto da perigosidade e/ou penosidade que puidese vir derivada do desempeño do traballo nos devanditos postos.

b) O persoal que traballe en postos cun nivel de ruído equivalente diario que estea comprendido entre os 80 e os 90 dB(A), percibirá a cantidade de 7,757 euros ó ano, en concepto da perigosidade e/ou penosidade que puidese vir derivada do desempeño do traballo nos devanditos postos.

Artigo 20º.-Categorías.

Durante a vixencia deste convenio, as diferentes categorías serán as que figuran no anexo I.

Os traballadores, unha vez transcorrido un período de seis meses, desde a data de alta, pasarán á categoría de especialista, tendo ata entón a categoría de peón.

Para efectos do parágrafo anterior, os traballadores que ó día da data da sinatura deste convenio colectivo cumpriran o devandito requisito pasarán á devandita categoría.

Artigo 21º.-Pagamento de nóminas.

O aboamento dos haberes devengados realizarase por períodos mensuais naturais vencidos e o paga

mento satisfarase a través dunha entidade bancaria ou caixa de aforros, mediante o aboamento en conta do traballador o día 15 do mes seguinte. En caso de coincidi-lo devandito día en domingo ou festivo, o pagamento satisfarase o día laborable anterior. O último día laborable de cada mes efectuarase un anticipo, igual para todo o persoal de 661 euros, que se descontará na nómina do mesmo mes.

Todo o persoal terá dereito a percibir, se así o solicita, o importe correspondente ó 80% dos haberes devengados.

Artigo 22º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de verán e Nadal serán aboadas a razón de 30 días sobre salario convenio.

Estas gratificacións serán aboadas en proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano no que se aboen. As pagas extraordinarias de verán e Nadal serán aboadas os días 20 de xullo e decembro respectivamente. En caso de coincidir estas datas con domingos ou festivos, o aboamento realizarase o primeiro día laborable anterior.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias.

Os traballadores suxeitos a este convenio poderán realizar horas extraordinarias cando iso sexa necesario para atende-las necesidades productivas perentorias e urxentes, así como para a reparación de sinistros, avarías, modificación de liñas e instalacións productivas ou calquera causa de forza maior.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais aquelas que resulten necesarias para atender pedidos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade da que se trate: mantemento, reparación de avarías, etc.

As horas extraordinarias, a criterio da dirección da empresa, poderán ser compensadas co tempo de descanso equivalente logo de acordo co traballador, ou no seu defecto mediante a retribución que figura segundo categorías no anexo II horas extraordinarias deste convenio.

Nos días non laborables nos que se realicen horas extraordinarias percibirase o importe correspondente ó complemento de transporte.

Artigo 24º.-Aumento e revisión salarial.

a) Incremento salarial.

Para o ano 2003, considéranse como definitivas as táboas anexas. Estas táboas, para efectos de revisión para o ano 2004, actualizaranse coa diferencia entre o 3% e o IPC real ó 31 de decembro de 2003. Esta actualización non xerará atrasos do ano 2003.

As táboas salariais que se van aplicar con efectos de 1 de xaneiro de 2003 serán as que figuran nos anexos I e II.

Acórdase para o segundo e terceiro ano de vixencia deste convenio un aumento salarial equivalente ó incremento do IPC real do devandito ano máis 1%.

b) Revisión salarial.

En caso de que o IPC rexistrase ó final de 2004 e 2005 unha evolución distinta ó IPC previsto, efectuarase unha revisión salarial do signo que proceda (que se aboará se o IPC real resulta ser superior ó previsto, ou que se descontará se o IPC real quedase por debaixo das previsións).

Esta revisión salarial efectuarase:

a) Con signo negativo e efectos retroactivos ó 1 de xaneiro de cada un dos anos, en caso de que o IPC real quedase por debaixo das previsións.

b) Con signo positivo e efectos a partir do mes no que o IPC real supere o previsto, en caso de que a final de ano o IPC real resultase ser superior ó previsto.

En ámbolos casos, a revisión salarial efectuarase de tal forma e na contía suficiente, para que os salarios o 31 de decembro dese ano e con respecto ó ano anterior, resulten ter evolucionado na mesma porcentaxe que o IPC real.

Para os anos 2004 e 2005, o conxunto dos incrementos concentraranse entre o 85% e o 90% no salario base.

Artigo 25º.-Cláusula de conxelación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio, e sen prexuízo do establecido no artigo anterior, non serán de aplicación cando a empresa acredite descenso, en termos reais, dos resultados do último exercicio, correspondendo en tal suposto o mantemento retributivo do ano anterior.

Para os efectos de aplicación desta cláusula, as partes acordan someterse ás seguintes normas de procedemento:

1. A dirección da empresa comunicaralles por escrito ós representantes legais dos traballadores a vontade de acollerse a esta cláusula.

2. No prazo máximo dos 60 días naturais seguintes á comunicación anterior, a dirección da empresa entregaralles ós representantes legais dos traballadores unha memoria explicativa das causas que motivan a solicitude e os balances e contas de resultados dos dous últimos exercicios económicos.

3. Unha vez entregada a documentación sinalada no punto anterior, os representantes legais dos traballadores disporán de dez días naturais para presentar por escrito á dirección da empresa, as alegacións que estimen oportunas.

Transcorridos os prazos procedementalmente previstos, procederase a realiza-los axustes salariais necesarios, para que esta cláusula de conxelación salarial sexa efectivamente aplicada.

Artigo 26º.-Seguridade e hixiene.

A empresa dotará o persoal da adecuada roupa de traballo e/ou útiles de protección, o uso dos cales será obrigatorio.

O persoal realizará a limpeza periódica do seu posto de traballo, como achega á maior hixiene e seguridade posible dentro do centro de traballo. Para tal fin, a empresa habilitará o tempo necesario para a realización da limpeza do posto, e o devandito tempo será considerado como tempo de traballo para efectos de retribución, a excepción da prima de producción.

Artigo 27º.-Recoñecemento médico.

A dirección contratará un recoñecemento médico anual, como mínimo, para todo o persoal. A empresa concederá 3 horas para este recoñecemento, considerándose este día como non laborable para efectos de confección do calendario laboral.

Artigo 28º.-Seguro colectivo.

A empresa concertará seguro colectivo de accidentes, con primas íntegras ó seu cargo, mediante pólizas que cubran unha indemnización de 18.000 euros en caso de accidente laboral ou común do traballador con resultado de morte, enfermidade profesional, invalidez permanente total, absoluta, ou grande invalidez.

Artigo 29º.-Faltas.

Para efectos laborais enténdese por falta toda acción ou omisión que supoña quebranto dos dereitos de calquera índole recollidos nas disposicións laborais vixentes, e en particular, polas que figuran neste convenio colectivo.

Toda falta cometida por un traballador cualificarase atendendo a calquera dos seguintes factores de intencionalidade, reincidencia, importancia, repercusións ou trascendencia tanto de ámbito interno da empresa como de cara ó exterior (clientes, mercado, etc.); en falta leve, grave ou moi grave.

Artigo 30º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves:

1. Dunha a tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo sen a debida xustificación, cometidas durante un período de dous meses.

2. Non notificar con carácter previo a falta de asistencia ó traballo e o motivo dela ou, se iso non fose posible, xustificar dentro das 24 horas seguintes á ausencia a razón.

3. Os pequenos descoidos na conservación ou custodia do material ó seu cargo ou instalacións.

4. A falta de aseo ou limpeza persoal.

5. Non comunicarlle á empresa os cambios de domicilio.

6. Os defectos de calidade imputables ó operario orixinados nos procesos de fabricación dos productos, naquelas operacións que non estean cualificadas

como de seguridade e/ou regulamentación, e que sexan derivados de incumprimento das pautas de fabricación, de erro ou omisión dos controis de calidade establecidos nos procedementos, ou de erro ou omisión na realización da operación.

Artigo 31º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves:

1. Entre catro e seis faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un período de catro meses.

2. Faltar dun a tres días ó traballo, durante un período de tres meses, sen causa que o xustifique. Bastará unha soa falta de asistencia inxustificada, para que a falta sexa considerada como grave, cando tivese que relevar a un compañeiro, ou como consecuencia dela se lle causase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

3. Ausentarse do posto de traballo sen a debida xustificación e durante un tempo superior a 10 minutos. Se como consecuencia do abandono do posto de traballo se derivase prexuízo dalgunha índole para a empresa, ou os compañeiros de traballo, ou fose causa de accidente, esta falta será considerada como moi grave.

4. Os descoidos na conservación ou custodia do material ó seu cargo ou instalacións, que ocasionen danos ou perdas materiais de valor económico superior a 25.000 ptas., ou orixinen ou poidan orixinar defectos de calquera grao na calidade do producto ou traballo realizado.

5. A desobediencia ós superiores ou persoal autorizado, en calquera materia de traballo incluída a resistencia ou obstrucción á implantación de novos métodos de racionalización do traballo ou modernización de maquinaria que pretenda introduci-la empresa, así como negarse a cubri-los partes de traballo, controis de asistencia ou calidade, etc. Se a devandita falta implicase algún tipo de quebranto da disciplina, ou dela se derivase prexuízo algún para a empresa ou compañeiros de traballo, considerarase como falta moi grave.

6. Simula-la presencia doutro compañeiro no traballo, asinando ou fichando por el.

7. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte á súa boa marcha, ou a calidade ou cantidade dos seus resultados finais.

8. A imprudencia en acto de servicio ou o incumprimento das normas de seguridade no traballo. Se implicase risco de accidente para si ou para os seus compañeiros, ou perigo de avarías nas instalacións, a falta considerarase como moi grave. En todo caso, terá a consideración de falta grave, o non uso das pezas de roupa de protección e elementos de seguridade de carácter obrigatorio.

9. Realizar, sen a oportuna autorización, traballos particulares durante a xornada de traballo, así como o emprego para os seus usos propios de ferramentas, material ou instalacións da empresa.

10. As discusións cos compañeiros.

11. Os defectos de calidade imputables ó operario orixinados nos procesos de fabricación dos productos, naquelas operacións que estean cualificadas como de seguridade e/ou regulamentación, e que sexan derivados de incumprimento das pautas de fabricación, de erro ou omisión dos controis de calidade establecidos, ou de erro ou omisión na realización da operación.

12. A manipulación ou modificación non autorizada dos medios de fabricación ou control.

13. A reiteración ou reincidencia en faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun período dun ano. Para as faltas por defectos de calidade especificadas neste artigo, non existirá límite ningún de tempo para efectos de considera-la súa reincidencia para unha graduación maior.

Artigo 32º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves:

1. Máis de seis faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un período de seis meses.

2. As faltas inxustificadas ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período de doce meses.

3. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros de traballo como á empresa ou calquera persoa, se se realizase dentro das dependencias dela ou en acto de servicio en calquera lugar.

4. Os delictos de roubo, estafa ou malversación cometidos fóra da empresa, ou calquera outra clase de delicto común que poida implicar para esta desconfianza con respecto ó seu autor.

5. A simulación de enfermidade ou accidente, ou calquera manipulación realizada para prolonga-la situación de baixa por algún deses conceptos; así como a realización de calquera tipo de traballo por conta propia ou allea, en situación de baixa por incapacidade laboral derivada de accidente ou enfermidade.

6. A realización de traballo en estado de embriaguez ou calquera outro estado derivado da inxestión de substancias, que orixinen a mingua das mínimas condicións físicas ou psíquicas nas que se ten que realiza-lo traballo.

7. Viola-lo segredo da correspondencia, documentación reservada da empresa.

8. Revelar datos de reserva obrigatoria.

9. Realizar actividades externas que a empresa declare incompatibles ou que impliquen competencia de cara a ela.

10. As ameazas ou os malos tratos de palabra ou obra, ou a falta de respecto ou consideración ós xefes ou ós seus familiares, así como ós compañeiros ou subordinados.

11. Causar accidentes en si ou noutros por neglixencia, imprudencia ou incumprimento de normas de seguridade ou outras.

12. O abandono do traballo en postos de responsabilidade.

13. A diminución non xustificada do rendemento no traballo.

14. Orixinar ou participar en rifas ou pelexas cos seus compañeiros de traballo.

15. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun período de dous anos. Para as faltas por defectos de calidade especificadas neste artigo, non existirá límite ningún de tempo para efectos de considera-la súa reincidencia para unha graduación maior.

Artigo 33º.-Sancións.

As sancións máximas que se lles poderán impoñer ós que incorran en faltas serán as seguintes:

1. Por faltas leves:

a) Amoestación verbal.

b) Amoestación por escrito.

2. Por faltas graves:

a) Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

3. Por faltas moi graves:

a) Traslado forzoso a outro centro de traballo doutra localidade sen dereito a indemnización ningunha.

b) Suspensión de emprego e soldo de vinteún a sesenta días.

c) Despedimento.

Artigo 34º.-Prescricións.

Dependendo da súa graduación, as faltas prescriben ós seguintes días:

* Faltas leves, ós 10 días.

* Faltas graves, ós 20 días.

* Faltas moi graves, ós 60 días.

A prescrición das faltas sinaladas comezará a partir da data en que a empresa teña coñecemento da súa comisión.

Artigo 35º.-Contratación.

a) Contrato de obra.

Co fin de potencia-la utilización das modalidades de contratación previstas pola lei, acórdase crear un contrato de obra ou servicio determinado, segundo o previsto no artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores, modificado en virtude da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Estes contratos poderán cubrir todas aquelas tarefas ou traballos suficientemente diferenciados e que representen un volume adicional de traballo, que sexan limitados no tempo e de data de terminación previsible, aínda que a finalización do contrato non estará vinculada a unha data determinada senón á finalización da obra ou servicio de que se trate. Esta inclusión neste convenio, non poderá entenderse en ningún caso, como unha limitación á modalidade contractual prevista no referido artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores.

b) Contrato por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

A duración do devandito contrato, regulado no vixente artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, modificado en virtude do R.D.L. 5/2001, do 2 de marzo, poderán ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

c) Pacto polo emprego.

As partes asinantes deste convenio colectivo co ánimo de contribuír á consecución dun emprego estable e de calidade, acorda:

1. Conversión de contratos eventuais de Almacenamientos y Montajes, S.A.U. en contratos indefinidos. Durante a vixencia deste convenio colectivo, procederase á conversión do 5% do cadro de persoal en contratos indefinidos, tomando como mínimo para este cálculo a base de 46.

Artigo 36º.-Previsión e política social.

a) Nos casos de ILT por accidente, a empresa completará ata o 100% da base reguladora os días de baixa, excepto nos casos en que o accidente se produza in itinere.

b) Nos casos de ILT por enfermidade, a empresa completará ata o 100% da base reguladora os días en que o traballador permaneza hospitalizado.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os representantes legais dos traballadores asinantes deste convenio desisten expresamente durante a vixencia del, do exercicio do dereito de folga nos conflictos derivados da aplicación de calquera das materias contidas nel.

No suposto de discrepancias sobre a aplicación do convenio, procederase da seguinte forma:

1º A comisión paritaria coñecerá do conflicto e emitirá informe.

2º En caso de persisti-las discrepancias, o conflicto someterase a un procedemento de mediación para intenta-la consecución dun acordo entre partes. A elección do mediador realizarase logo de acordo das partes.

3º De resultar infructuosa a mediación e non haber acordo, quedará a criterio das partes o acudir a un sistema de arbitraxe ou ben acudir ó ámbito xudicial competente.

Esta disposición adicional considerarase, para tódolos efectos, como cláusula de carácter obrigacional.

Segunda.-Establécese que para cada un dos anos de duración deste convenio, o traballador achegará dúas horas para a formación. Estas horas non computarán como xornada efectiva de traballo para efectos do número de horas establecido no artigo cinco do presente convenio.

Terceira.-Ámbalas partes comprométense ó estudio dun incentivo anual en función da consecución de obxectivos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non previsto neste texto, seguirase o disposto na derrogada Ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica do 29 de xullo de 1970, así como á Lei 1/1995, do 24 de marzo, do Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de carácter xeral.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio sono co carácter de globais e individuais para efectos da súa aplicación práctica.

Como consecuencia diso, no suposto de que por disposición legal de calquera rango, ou por resolución da autoridade administrativa ou xudicial, se impuxesen novas condicións de traballo non pactadas ou se declarase a nulidade dalgunha das convidas, o que se considera unha automática ruptura do equilibrio das diferentes contraprestacións pactadas, as partes deberanse volver reunir, co fin de axusta-lo contido do convenio á nova situación creada.

Tercera.-Traslado de centro de traballo. Mobilidae xeográfica.

Para efectos do estipulado no artigo 40 do Estatuto dos traballadores, establécese:

1. Considerarase que non esixe cambio de residencia o traslado do centro de traballo a unha distancia inferior a 60 km á redonda da súa localización actual no Polígono Industrial das Gándaras do Porriño (Pontevedra).

2. En caso de que houber traslado de domicilio se se supera a distancia fixada no parágrafo anterior, a compensación de gastos polo devandito traslado que terá que satisface-la empresa, logo da presentación de facturas, en ningún caso será superior a 50.000 ptas. sexa cal sexa o importe das facturas achegadas polo devandito concepto.

ANEXO I

Salario convenio

Ano 2003

Categorías profesionaisEuros brutos mes

Técnicos titulados:

Titulados universitarios superiores1.583,92

Titulados universitarios medios1.362,17

Técnicos de taller:

Xefe de taller1.172,10

Encargado1.029,54

Xefe de equipo785,18

Técnicos de oficina:

Delineante proxectista1.092,90

Delineante de primeira910,75

Delineante de segunda831,56

Auxiliar752,36

Organización científica do traballo e administrativos:

Xefe de primeira1.156,25

Jefe de segunda1.077,06

Técnico ou oficial de 1ª934,51

Técnico ou oficial de 2ª839,48

Técnico ou oficial de 3ª799,88

Auxiliar753,94

Persoal subalterno:

Almaceneiro768,20

Vixilante736,52

Operarios de taller:

Oficial de 1ª879,07

Oficial de 2ª847,40

Oficial de 3ª823,17

Especialista785,18

Peón747,19

ANEXO II

Horas extraordinarias

Ano 2003

Prezos/hora para persoal non suxeito a prima

de productividade

Categorías profesionaisEuros/hora

Días laborabl.Días non laborabl.

Técnicos titulados:

Titulados universitarios superiores14,0415,76

Titulados universitarios medios12,1513,64

Técnicos de taller:

Xefe de taller10,5311,82

Encargado9,3210,47

Xefe de equipo7,298,19

Técnicos de oficina:

Delineante proxectista9,8611,08

Delineante de primeira8,319,33

Delineante de segunda7,728,58

Auxiliar6,967,83

Oganización científica do traballo e administrativos:

Xefe de primeira10,4011,68

Xefe de segunda9,7210,92

Técnico ou oficial de 1ª8,519,56

Técnico ou oficial de 2ª7,718,66

Técnico ou oficial de 3ª7,368,27

Auxiliar6,967,83

Persoal subalterno:

Almaceneiro7,097,97

Vixilante6,827,67

Categorías profesionaisEuros/hora

Días laborabl.Días non laborabl.

Operarios de taller:

Oficial de 1ª8,049,04

Oficial de 2ª7,778,73

Oficial de 3ª7,438,36

Especialista7,298,19

Peón6,967,83