As bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas mediante resolucións da directora xeral do Igape do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), para os programas de continuidade e mellora competitiva da Peme galega e emprendedores prevé o establecemento de compromisos plurianuais dentro dos límites autorizados.
Con data do 27 de decembro o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, publicados mediante Lei 6/2002 (DOG nº 251, do 30 de decembro). Por outra parte, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 20 de marzo de 2003, autorizou os límites de plurianualidades do Instituto Galego de Promoción Económica.
Polo que antecede,
RESOLVO:
Facer público, de acordo cos importes que se relacionan a continuación, os límites de crédito dispoñible de diferentes programas de axuda para resolucións que se dicten no ano 2003 con cargo ós anos 2004 e 2005.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2003.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
orzamentaria 2004 euros 2005 euros
Partida
Finalidade Límite dispoñible
Límite dispoñible
02.02/11/01/01 Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos baseados nun diagnóstico. Subvención a fondo perdido. 287.500,00 143.750,00
02.02/11/02/01 Programa de mellora competitiva da PEME. Actuacións específicas. Subvención a fondo perdido. 332.500,00 166.250,00
02.02/12/01/01 Programa de emprendedores. Proxectos promovidos por novos emprendedores. Subvención a fondo perdido 148.405,00 148.405,00
02.02/12/02/01 Programa de emprendedores. Novas iniciativas empresariais. Subvención a fondo perdido. 112.500,00 112.500,00
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA