Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA BAÑA

EDICTO.

En sesión extraordinaria do Pleno do Concello que tivo lugar o 26 de xuño de 2003, aprobouse definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal da Baña. O texto íntegro do plan publicarase no BOP da Coruña. Contra a súa aprobación definitiva poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do dito texto íntegro no BOP; sen prexuízo de que se poida presentar calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Baña, 7 de xullo de 2003.

José Andrés García Cardeso

Alcalde