Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMOEIRO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 6 de xuño de 2003, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámie ordinario, para a contratación por concurso da obra de abastecemento e saneamento en Cima de Vila-O Formigueiro (obra nº 268/OL/2003), o que se expón ó público polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público polo trámite ordinario aínda que a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Amoeiro.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición.

A execución da obra de abastecemento e saneamento en Cima de Vila-O Formigueiro conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo. Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 97.634,00 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Amoeiro.

b) Domicilio: estrada Tamallancos-Barbantes, p.k. 4.

c) Localidade: Amoeiro, código postal 32170.

d) Teléfono: 988 28 10 00.

e) Fax: 988 27 99 88.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación.

Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: por algún dos medios previstos nos artigos 16 e 17 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte da citada contratación, dentro dos vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19º do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Amoeiro. Estrada Tamallancos-Barbantes, p.k. 4, Amoeiro, código postal 32170.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Amoeiro.

b) Domicilio: estrada Tamllancos-Barbantes, p.k. 4.

c) Localidade: Amoeiro.

d) Data: o terceiro día hábil posterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

e) Hora: ás 13.00 horas.

10. Gastos dos anuncios.

Os gastos dos anuncios será sempre por conta do adxudicatario.

Amoeiro, 12 de xuño de 2003.

Manuel Fernández Rincón

Alcalde en funcións