Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ENTRIMO

EDICTO.

En cumprimento do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co establecido na disposición transitoria terceira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno do Concello de Entrimo, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o día 30 de xuño de 2003, acordou por unanimidade dos seus membros aprobar definitivamente o proxecto de ordenación do medio rural do Concello de Entrimo.

Recursos: contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Ad

ministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da norma xeral no BOP e o extracto no DOG, segundo o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que coiden oportuno.

Entrimo, 7 de xullo de 2003.

Ramón Alonso López

Alcalde-presidente