Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Musicoterapia (Agamus).

En cumprimento do disposto no artigo 4º do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Galega de Musicoterapia (Agamus), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da asociación os musicoterapeutas ou aquelas persoas que teñan algunha especialidade relacionada con algún dos campos vinculados á musicoterapia: música, psicoloxía, psiquiatría, psicoanálise, mediciña pneurolóxica.

Asinan a acta de constitución: Óscar Vilar Prieto e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais