Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Productores de Leite Ecolóxico (Proleco).

En cumprimento do disposto no artigo 4º do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Aso

ciación de Productores de Leite Ecolóxico (Proleco), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas inscritas no rexistro de productores dentro do subsector animal e para a producción láctea dentro do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Asinan a acta de constitución: José Manuel Vázquez Fernández e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais