Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Ganaderos Orensanos.

En cumprimento do disposto no artigo 4º do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Ganaderos Orensanos, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser socios as persoas físicas ou xurídicas titulares dunha explotación gandeira ou que figuren como arrendatarios desta.

Asinan a acta de constitución: Elías Álvarez Nogueira e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais