Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación estatutaria do sindicato Unións Agrarias (UPA).

En cumprimento do disposto no artigo 4º da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, presentouse o día 13 de xuño de 2003, a certificación expedida pola secretaria de actas do VI Congreso Nacional Galego de Unión Agrarias-UPA, Ana Ledo Diéguez, co visto e prace do presidente, Román Santalla Agra, na que se fai consta-la modificación dos estatutos de Unións Agrarias-UPA, que foron apro

bados por unanimidade no dito congreso, realizado en Santiago de Compostela o día 6 de xuño de 2003.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais