Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/366-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.A.T. Tibo I e Tibo II.

Situación: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: recuamento da L.A.T. Tibo I, a 66 kV con conductor LA-196, desde o apoio existente nº 36 ata o novo apoio nº 37 que se vai instalar, cunha lonxitude de 235 m e da L.A.T. Tibo II, a 66 kV con conductor LA-180, desde o apoio nº 33 existente ata o novo apoio nº 34 que se vai instalar, cunha lonxitude de 154 m desde estes novos apoios continúa subterránea 210 m, con dobre circuíto, ata a futura subestación de Vilagarcía de Arousa. A instalación está situada no concello de Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 4 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra