Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/307).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Casanova-Abelleira.

Situación: Concello de Moeche.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1,16 km, coa orixe no apoio s/n que se vai substituír da L.M.T. sub. Cedeira-As Somozas (expte. 29956) e final no C.T. proxectado Casanova-Abelleira. Centro de transformación tipo intemperie Casanova-Abelleira, cunha potencia de 50 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 0,345 km, orixe no C.T. Abelleira e conductor R.Z. no termo municipal de Moeche.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

O propietario dos predios nº 31, 32 e 33, Manuel Landrove Gil, manifesta que é propietario dos predios nº 31, 32 e 33 e achega escrituras. Manifesta tamén que a delegación provincial da Coruña lle notificou que estas van ser afectados por unha instalación eléctrica. Alega, así mesmo, que as citadas parcelas están plantadas de eucaliptos polo que supón unha perda de valor importante. Expoño para que se teña en conta á hora de valoración.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que corrixe a titularidade do predio nº 32, a favor de Manuel Landrove Gil. En referencia ós predios nº 31 e 32, sinal que ten acordos escritos cos propietarios anteriores, polo que esta servidume debería figurar e facerse constar nos documentos de compra. Manifesta tamén que en caso de non chegar a un acordo amigable, o titular do predio poderá no seu momento presentar folla de valoración valorando os prexuízos que estime que se lle cause, a fin de que o Xurado Provincial da Expropiación, determine o prezo xusto definitivo.

O propietario do predio nº 38, José Piñón Hermida alega que o predio é da súa propiedade, segundo escritura de compravenda e solicita que a indem

nización pola citada afección sexa realizada ó seu nome.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que corrixe a titularidade do dito predio a nome de José Piñón Parada.

Vista a Ley 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 5 de xuño de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións