Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/350-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: Coruña 20, 36700 Tui.

Denominación: C.B.T., R.B.T. parque empresarial I.

Situación: concello de Tui.

Descricións técnicas: R.B.T. subterránea con conductor R.H.V. de 880 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. A Guía-Areas e un C.T. de 400 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V situado no parque empresarial de Tui, o Regueiro-Areas, no concello de Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 4 de xuño de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra