Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T.S., C.D. supermercado Día.
Situación: Concello de Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 31 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. Pontevedra IV (MUR 8031157) e remate no centro de distribución que se proxecta, situado no supermercado Día da avenida de Lugo de Pontevedra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 3 de xuño de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra