Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T.S., C.T., Rosal sur nº 1.
Situación: Concello de Moaña.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 90 m de lonxitude, desde a L.M.T.S. Cangas 4 (CGA8041271) e remate no C.T. nº 1 que se proxecta, de 630 kVA,
R.T. 20 kV-380/220 V, situado na urbanización Rosal sur, no concello de Moaña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 3 de xuño de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra