Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.487

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (858/2002).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 858/2002, por instancia de Manuel López Novo e outros contra Granxas Carballos, S.L. sobre indemnización por despedimento, nos que recaeu sentencia en data 6 de xuño de 2003, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Manuel López Novo, Rosa María Reborido Pardo, Miguel Ángel Mourelle Porteiro e Constantino Villasuso Santalla, condeno a empresa Granxas Carballos, S.L. a aboárlle-las cantidades seguintes: a Manuel López Novo 5.890,24 euros, Rosa María Reborido Pardo 5.265,61 euros, a Miguel Ángel Mourelle Porteiro 446,53 euros e a Constantino Villasuso Santalla 6.665,11 euros.

Notifíqueselle esta resolución as partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 0858/02 Banesto desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Granxas Carballos, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 17 de xuño de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado