Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.487

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE LALÍN

EDICTO (206/2002).

En Lalín o doce de xuño de dous mil tres.

Eu, Gloria María de la Fuente Limieres, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Lalín, dou fe e certifico que respecto dos autos arriba citados se dictou sentencia con data do 16 de abril de 2003, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia nº 45.

Vistos por min, a xuíza María Paz Filgueira Paz, os presentes autos de divorcio contencioso promo

vidos pola procuradora Sra. Blanco Mosquera en nome e representación de Roberto Mazás Brocos, contra Doris Patricia Socha.

Fallo: polo exposto, decrétase o divorcio entre Roberto Mazás Brocos e Doris Patricia Socha, con disolución do vínculo conxugal para tódolos efectos.

Non se realiza pronunciamento sobre custas.

Esta sentencia notifícaselles ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a audiencia respectiva.

Desta sentencia líbrase testemuño para a súa anotación no rexistro de Lalín.

Así pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Doris Patricia Socha, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo este edicto en Lalín o doce de xuño de dous mil tres. Dou fe.

A secretaria

Rubricado