Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizada por acordo desta dirección xeral, do 22 de maio de 2003, o alleamento en poxa pública do ben embargado no procedemento de constrinximento pola zona de recadación de Lugo como da propiedade do debedor Luis López Veiga, con NIF 33810486A, que a continuación se describe:

Lote único:

Vivenda 3º A, do edificio sito na rúa Pedro Saco da vila de Sarria, ocupa a superficie útil de 69,25 m. Ten anexo o rocho nº 14 sito en baixo cuberta e con dez metros e catorce decímetros cadrados de superficie. Predio nº 11984.0, tomo 328, libro 116, folio 147, ref. catastral 9879044PH2397N0008KW, Rexistro da Propiedade de Sarria.

Valor: 57.602,6 euros.

Cargas: 21.375,28.

Tipo: 36.227,32 euros.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona

DISPOÑO:

Que o día 1 de setembro de 2003 ás 10.00 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo, r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1º Que consta en poder da zona de recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que

consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia, polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será alomenos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se

considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación, para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos