Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 9 de xuño de 2003, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto polo trámite ordinario para a contratación por concurso da obra de pavimentación e acondicionamento da estrada Vilamarín-Pitón (obra nº 81 P.B. 2003), o que se expón ó público polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultáneamente anúnciase concurso público, polo trámite ordinario, ben que a licitación se adiará cando resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilamarín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición.

A execución da obra de pavimentación e acondicionamento da estrada Vilamarín-Pitón consonte o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de obras públicas José Ángel Rodríguez Rodríguez. Prazo de execución: 3 meses.

3. tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 97.110 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Domicilio: A Pena-Reádegos.

c) Localidade: Vilamarín, CP: 32101.

d) Teléfono: 988 28 60 00.

e) Fax: 988 28 61 13.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19º do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilamarín.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Data: ás catorce horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

10. Gastos dos anuncios.

Os gastos dos anuncios serán sempre por conta do adxudicatario.

Vilamarín, 10 de xuño de 2003.

Amador Vázquez Vázquez

Alcalde en funcións