Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO.

De acordo co establecido no artigo 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co sinalado nos artigos 92 e concordantes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, procede publica-lo acordo do Concello Pleno do 28 de marzo de 2003, que a seguir se transcribe na súa parte dispositiva:

«Primeiro.-Aproba-lo cambio de uso dos terreos situados ó carón da vivenda comunitaria, na esquina da rúa Candil e rúa Evaristo Martelo (que se identifican perimetralmente no plano con referencia e incorporado ó expediente, no que figura en cor amarela), cualificados nas normas urbanísticas deste concello como zona de equipamento comunitario (EO-ER), segundo acordo de aprobación definitiva da modificación puntual das normas, adoptado polo Pleno do Concello na sesión que tivo lugar na data do vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e sete, e que foi publicado no BOP nº 62, de data 17 de marzo de 1997, para que pasen, por este acordo, a formaren parte do conxunto de zonas verdes e espacios libres públicos, na modalidade, recollida no noso planeamento de sistema xeral de xardíns, ordenanza VJ.

Segundo.-Xa que logo, concrétase, e así se declara, que os terreos situados no perímetro identificado no parágrafo anterior se destinen a un uso dotacional público como espacio libre público de zona verde, na modalidade recollida no noso planeamento de sistema xeral de xardíns, ordenanza VJ.

Terceiro.-Que se lle dea publicidade a este acordo, mediante a inserción dun anuncio que se publicará no DOG e BOP».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vimianzo, 13 de xuño de 2003.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde