Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2003 Páx. 9.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 9 de xuño de 2003, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial de ordenación do lugar de Tomé en Renza-Faxilde, promovido por Julio Rasilla Buhígas e irmáns e redactado polo enxeñeiro de camiños Alfonso Rasilla Buhígas.

Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará exposto ó público o expediente, podendo os interesados examinalo no Departamento de Urbanismo do concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo, de conformidade co establecido no artigo 86 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 16 de xuño de 2003.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde