Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

ANUNCIO.

Faise público, nos termos e para os efectos do artigo 86 a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, da ordenación urbanística e da protección do medio rural de Galicia, que a Comisión Municipal de Goberno, en reunión do 6 de xuño de 2003, e en trámite instado por Xestur Ourense, S.A., deliberou, por unanimidade, o seguinte:

Aprobar inicialmente o plan de sectorización da 4ª fase do parque empresarial de Xinzo de Limia, con base no proxecto do que é autora a arquitecta Ana Coello Pardo.

Xinzo de Limia, 24 de xuño de 2003.

Isaac Vila Rodríguez

Alcalde