Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan no anexo.

Características.

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o importe de adxudicación.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención de documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se cita no encabezado (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo; o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 10 a 14 horas.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: rúa San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 1 de xullo de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 283 POL 2003, O Corgo.-Saneamento, abastecemento e servicios no núcleo urbano de Zarra.218.835,9012 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría c)

Nº 285 POL 2003, A Fonsagrada.-Rede de saneamento e estación depuradora na Pobra de Burón.180.3009 mesesGrupo E

Subgrupo 1

Categoría c)

Nº 287 POL 2003, Guntín.-Centro socio-cultural, xuvenil y da terceira idade. Terminación206.651,375 meses-Grupo C; subgrupos: 4, 6, 8; categoría d)-Grupo I; subgrupo 1; categoría d)-Grupo J, subgrupo 1; categoría d)

Nº 296 POL 2003, O Páramo.-Saneamento núcleos de Beleigán, Vilasante, Trebolle e Piqueiro180.303,636 mesesGrupo E

Subgrupo 1

Categoría d)

Nº 314 POL 2003, Navia de Suarna.-Navia, Freixís, Silvouta, afirmado. Terminación, p.k. 2,10-4,90277.5008 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría d)

Nº 317 POL 2003, Ourol.-Ourol, Lobeiras, afirmado. Terminación p.k. 10,49-12,00290.00012 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría c)

Nº 321 POL 2003, Vilalba.-Vilalba, Momán, afirmado. Terminación p.k. 0,70-2,63244.00012 mesesGrupo G

Subgrupo 6

Categoría c)