Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a execución das obras de saneamento en Cea.

2. Prazo do contrato: catro meses.

3. Prezo do contrato: 68.021,31 euros.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso será de 1.360,43 euros.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (secretaría xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios no BOP ou DOG.

Tamén se poderán presentar na forma prevista no parágrafo 2º da clúasula XI.1

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas par

ticulares e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula XI do prego.

Vilagarcía de Arosusa, 16 de xuño de 2003.

Joaquín J. Gago López

Alcalde