Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle do cuarteirón número 90 do PEEC, definidos polas rúas J. Loriga, Ecuador, Fisterra e Venezuela (expediente 7565/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 30 de abril de 2003, adoptou, entroutros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle de ordenación de volumes e reaxuste das aliñacións do cuarteirón 90 do plan especial de conxuntos, edificios e elementos que hai que conservar, definidos polas rúas Joaquín Loriga, Ecuador, Fisterra e Venezuela presentado pola entidade mercantil Red Inmobiliaria Diz, S.L., segundo proxecto redactado polos arquitectos José Manuel Alonso

Ogando, Enrique Urdiales Santiago e Miguel Marín Irazola, visado polo colexio oficial correspondente o 12 de marzo e 17 de xullo de 2002.

Segundo.-Suspende-lo outorgamento de licencias de parcelación, edificación ou demolición no ámbito territorial do estudio de detalle que inicialmente se aproba, delimitado ó norte polas rúas Ecuador e Fisterra, ó sur e oeste coa rúa Venezuela e ó leste pola rúa Joaquín Loriga.

Terceiro.-Somete-lo expediente a información pública durante o prazo de vinte días, mediante publicación de anuncios no DOG, no BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con notificación individual ós propietarios afectados».

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata vinte días contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 20 de maio de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo