Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003 pola que se anuncia concurso urxente para a contratación das obras de mellora e renovación do piso, pavimento e servicios da rúa Unión.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: negociado de infraestructuras.

1.3. Número de expediente: Ref. 1492.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación das obras de mellora e renovación do piso, pavimento e servicios da rúa Unión.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación da implantación e as obras deberán quedar totalmente remtadas no prazo de 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

4.1. Importe total: 129.911,17 euros, IVE incluído.

5. Fianzas.

5.1. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: negociado de infraestructuras.

6.2. Enderezo: r/ Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obra e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade, e que teñan a seguinte clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9.00 a 13.00 horas.

8.2. Documentación necesaria: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello, sito na praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: tres meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 12 de xuño de 2003.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde