Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

APROBACIÓN definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Laracha.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria urxente, celebrada o día 30 de xuño de 2003, aprobou definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Laracha.

O que se fai público para a súa executividade, cumprido así como disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sinalando que contra o acordo de aprobación do plan, que é definitivo en vía administrativa, e de acordo co disposto no artigo 85.9º da Lei 9/2002, en relación cos artigos 10.1º.a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da última publicación do acordo, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen conveniente.

A Laracha, 1 de xullo de 2003.

José Manuel López Varela

Alcalde